A Autoridade Portuaria de Vigo, esta deseñando a construcción de novos aterrados na ría de Vigo. Obras estas que afectarían aos sectores do mar, (pesca artesanal, mairisqueo, mexilloeiros, etc.), Turismo e mesmo a calidade ambiental da propia ria e os seus habitantes. A maior abundamento temos que:
Os terreos gañados ó mar na liña costeira do concello de Vigo equivalen a 3.200.000 m2 dos que somentes unha parte está dedicada a usos porturarios estando o resto integrados na trama urbana da cidade ó ser vendidos para a construcción de edificacións privadas ou espacios públicos da cidade.
Para que o porto de Vigo sega sendo competitivo e poida mellorar a súa actividade non é preciso seguir ocupando a lámina de auga con novos recheos, máis ben compre poñer en funcionamento o porto seco de Salvaterra-As Neves cunha liña de ferrocarril que axilice o tránsito de mercadorías entre ambas plataformas portuarias, que potencie o desenvolvemento industrial da provincia de Pontevedra conectando os demáis polígonos do interior e modernizando a liña que nos conecta con Ourense polo Miño.
A proposta de aterramento de 65.000 m², en Bouzas e outra no Areal de 50.000 m2, é a máis perxudicial e depredadora que se poida adoptar cando do que se trata é de explotar os recursos naturais dun xeito racional e sostible do medio. Este tipo de solucións considerabamos que estaba desbotada desde os estamentos responsables de dinamizar o porto xa que se utilizaron outras solucións menos agresivas na ampliación do peirao do Äreal co sistema de pilotaxe permeable ás corrientes mariñas, pero lamentablemente os actuais responsables da Autoridade Portuaria non teñen o mais mínimo respecto nin interese na conservación e potenciación dos recursos mariños e da economía que deles se derivan, só lles preocupa a rendibilidade curtopracista do porto e proporcionar o negocio inmediato aos amigos da ocasión como xa sucedeu anteriormente cando se liberaron terreos para a súa venda a particulares nas zonas urbanisticamente interesantes despois de aumentar a superficie porturaria con recheos, un pelotazo!
Xa temos manifestado en múltiples ocasións que a nosa organización xamáis se oporá ao progreso sustentable do porto de Vigo pero sí a calqueira recheo sobre a lámina de auga da ría de Vigo e o seu ámbito litoral. Antes de ampliar é preciso optimizar a superficie da plataforma portuaria eliminando actividades impropias dun porto para que deixe de ser un almacén permanente de todo tipo de mercadorías sen tránsito, polígono industrial, restaurante, oficina de privados, etc, desplazandoas aos polígonos ou ámbitos deseñados fóra do recinto portuario xa que por causa deste sistema, de gañar superficie ó mar con recheos para a actividade portuaria, perderonse os mellores bancos marisqueiros da ría e con eles miles de postos de traballo ademáis do dano irreversible ocasionado ó medioambiente.
Denunciamos publicamente a actitude arrogante da Autoridade Portuaria que dá as costas á dona lexitima da ría que é a cidadanía e amosamos o noso rexeitamento a calquera aterrado sobre a mesma pois volvería privarse do dereito a ter un futuro digno ás novas xeracións, afectaría os recursos mariños, postos de traballo en pesca e marisqueo, turismo, calidade de vida e cambiaría a configuración natural da mesma. Un porto debe acoller unicamente actividades propias que precisen da lámina de auga como a carga e descarga de mercadorias, pasaxeiros, construcción naval e lonxas fundamentalmente. Por todo o exposto se SOLICITA, da Auotoridade Portuaria de Vigo:
Sexa tratado o presente escrito nos órganos, directivos e ou asemblearios, que corresponda desa Institución para anular as propostas dos aterramentos anunciados publicamente (65.000 m² en Bouzas, Areal 50.000 m2), na zona de Rande ou calquera outro no ámbito litotal da ría de Vigo.
Poñer en funcionamento o porto seco de Salvaterra-As Neves cunha liña de ferrocarril que axilice o tránsito de mercadorías entre ambas plataformas portuarias, que potencie o desenvolvemento industrial da provincia de Pontevedra conectando os demais polígonos do interior e modernizando a liña que nos conecta con Ourense polo Miño.
Optimizar a superficie da plataforma portuaria eliminando actividades impropias dun porto para que deixe de ser un almacén permanente de todo tipo de mercadorías sen tránsito, polígono industrial, restaurante, oficina de privados, etc, desplazandoas aos polígonos ou ámbitos deseñados fóra do recinto portuario.
http://chng.it/bNrn2Sp59N
http://chng.it/bNrn2Sp59N