Valoración sobre a moción aterramentos na ría tratada no Pleno do concello de Vigo o día 27 de novembro de 2019.
Esta moción foi redactada desde a Plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo “CÍES”, que presentamos en todos os concellos da Ría, por rexistro, para ser tratada e aprobada nos respectivos plenos.
Queremos deixar constancia de que, durante o proceso de elaboración do texto e previa á presentación, mantivemos conversas cos representantes de todos os partidos políticos de Vigo e concordamos.
Que o porto debe de ser para entrada e saída de mercadorías, de pasaxeiros, lonxas do peixe ou para a construcción naval, é dicir, para aquelas actividades que realmente precisan do mar.
Que é urxente iniciar a recuperación dos espazos ocupados para usos impropios da actividade portuaria e que nin ún só metro máis dos terreos de Dominio Público Marítimo Terrestre sexa transmitido con carácter privativo particular (a mans privadas).
Que non se volvan cometer mais atentados contra o medio ambiente da ría con aterramentos e que se potencien os recursos naturais de excelente calidade a través da pesca artesanal, do marisqueo, mexilloeiras, turismo, etc, recuperando no posible a calidade ambiental da ría e da vida dos seus habitantes.
Sendo estas as liñas básicas contidas no texto da moción presentada pola PDRV “CIES” por rexistro no concello de Vigo (inicialmente a mediados do mes de outono e finalmente a principios do mes de novembro co texto definitivo), que simultáneamente foi presentado nas sedes de cada grupo político de forma presencial co ofrecemento de pornos á súa enteira disposición para calquera dúbida ou aclaración, hoxe, triste dia, lamentamos a votación en contra desta moción e non damos entendido a ambigua argumentación nin a posición adoptada polo grupo municipal PSOE, que nos deixa unha fonda decepción e o sentimento de ter perdido a gran oportunidade de empezar a reverter o maltrato infrinxido pola voráxine económica insostible a esta xoia natural que temos e que parece non queren protexer.