Plataforma pola
Defensa da Ría de Vigo
Quen somos
A Plataforma pola Defensa da Ría de Vigo 'Cíes' nace nos anos 90 cun obxectivo claro: paralizar o proxecto Petrovigo, que pretendía instalar no recheo de Bouzas un gran depósito de combustible para logo abastecer os barcos de tránsito.
Na súa constitución participaron uns 60 colectivos de todo tipo e, dende entón levamos loitando para acadar un saneamento integral na ría, defender o medio ambiente, potenciar unha maior produtividade natural e mellorar a calidade de vida da cidadanía.
Ler máis
Novas
Todas as novidades relacionadas coa defensa da ría de Vigo
10 Xaneiro, 2023
En dita denuncia expoñendo os feitos contrastados nas visitas feitas na compaña de algúns veciños de Coruxo, tivemos un encontro na ponte do regato das Barxas que pasa a caron das instalacións de hípica do Vao e comprobamos que efectivamente as augas desprendían un cheiro fedorento anque a apariencia delas era normal. Fomos ben atendidos no lugar por un traballador […]
10 Xaneiro, 2023
Ante os continuos vertidos contaminados que se están facendo á ría así como as queixas que nos fan chegar veciños de diversas zonas sobre os continuos vertidos de augas residuais en diversos puntos da costa viguesa, fixemos unha visita de recoñecemento e comprobación e puidemos observar in situ cómo se seguen producindo verteduras de augas residuais á ría de Vigo […]