• Comezo
  • Plataforma
  • Asóciate
  • A Ría
    • Lexislación
    • Estudos
    • Actividades
  • Actualidade
    • Novas
    • Galería
  • Contacto

A Ría, en perigo

  • Comezo
  • Novas
  • Novas
  • A Ría, en perigo

A Ría, en perigo

16 Decembro, 2013
Categorías
  • Novas
  • Publicacións
Etiquetas

A PDRVIGO “CÍES”, DEMANDA UN INFORME REALISTA QUE POSIBILITE DAR SOLUCIÓNS AO SANEAMENTO DAS RÍAS GALEGAS.

A P.D.R. DE VIGO “CIES” non dá crédito ó sucedido no Parlamento da U.E. nos últimos sete meses en que os europarlamentarios do Partido Popular fixeron todo o posible por impedir a redacción dun informe que reflicta exactamente o que acontece co saneamento integral das rías de Vigo, O Burgo e Ferrol así como co inspeccionado pola Delegación Oficial da U.E. no mes de febreiro.

Afortunadamente para nós hai europarlamentarias que sen ser españois, teñen a decencia de defendernos como cidadáns europeos enfrentandose a os traidores da cidadanía galega: o Sr. Iturgaiz e o Sr. Millán Mon.

O que sucedeu o día 14 de novembro na Comisión de Peticións da U.E, é unha demostración de honradez por parte da ecoloxista letona Tatjana Zdanoka e a liberal austríaca Angelika Werthman na que se pon de manifesto que non están dispostas a someterse á política feudalista que están a practicar os gobernos de Galicia e do Estado Español, que a través dos seus representantes intentan desvirtuar a situación real do estado do saneamento integral das Rías Galegas querendo impoñer un texto de informe, interesado, que non se corresponde coa situación real das rías.

A P.D.R. DE VIGO CIES ten feito propostas e aportacións concretas sobre o tipo de actuacións que se necesitarían para conseguir un saneamento total da ría de Vigo e a recuperación das zonas degradadas. Solicita que se destinen as partidas presupostarias necesarias dos fondos europeos para rematar estas infraestruturas así como un rigoroso control sobre as mesmas para que se destinen unicamente a estas obras.

A P.D.R. DE VIGO CIES solicita do Parlamento da U.E. o máximo rigor na redacción do informe así como a inmediata toma de decisións que conduzan á pronta solución do saneamento integral e rexeneración da ría de Vigo.

Compartir

Novas relacionadas

10 Xaneiro, 2023

ANTE OS CONTINUOS VERTIDOS CONTAMINADOS Á RÍA MANIFESTAMOS O NOSO REXITAMENTO E TEMOS PRESENTADO UNHA E OUTRA VEZ NO REXISTRO MUNICIPAL DO CONCELLO DE VIGO


Ler máis
10 Xaneiro, 2023

DENUNCIA PÚBLICA DE INCUMPRIMENTO SISTEMÁTICO POR PARTE DO CONCELLO DE VIGO, DO TRATAMENTO E DEPURACIÓN DAS AUGAS RESIDUAIS


Ler máis
14 Novembro, 2022

O PORTO DE VIGO RETROCEDE MÁIS DE 100 ANOS


Ler máis

Información legal

Aviso Legal
Normas de privacidade
Política de cookies

Redes Sociais

Información de contacto

web@plataformariadevigo.org presidente@plataformariadevigo.org

Tel: +34 679 687 808

© 2018 Plataforma pola defensa da Ría de VIgo. Todos os dereitos reservados.
      Política de cookiesEstá páxina utiliza cookies e outras tecnoloxías para que poidamos mellorar a súa experiencia no noso sitio: Máis información.