REPLICA DA PLATAFORMA POLA DEFENSA DA RÍA DE VIGO “CIES”, AO PROXECTO FINAL DO DOCUMENTO DE TRABALLO SOBRE A MISIÓN DE INVESTIGACIÓN A ESPAÑA, DO 11 AO 13 DE FEBREIRO DE 2013, EN RELACIÓN Á CONTAMINACIÓN DAS AUGAS NAS RÍAS GALEGAS.
Sobre conclusions e recomendacions
A Plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo Cíes comparte que a misión centróuse nos aspectos planteados tras anos de denuncias polos numerosos peticionarios, que versaban sobre partes das rías galegas especialmente afectadas pola contaminación e a degradación da calidade das auguas con graves consecuencias na pérda dos valores naturais, ambientais, ecolóxicos, sociais e económicos, por causa de moitos anos de descuido e por falta de aproveitamento e execución dos fondos comunitarios por parte das autoridades responsables, feitos que se produciron tanto a escala nacional como autonómica e local. Ditas rías, que son un ecosistema único de biodiversidad, un recurso público marítimo-pesqueiro, son afectadas pola rápida expansión da urbanización e a industrialización, ao non terse tomado as medidas correctoras, protectoras do medio ambiente, e non haberse garantizado unha xestión de residuos adecuada conforme á legislación comunitaria.
Agradecemos e valoramos o inxente esforzo realizado por todos os peticionarios e en xeral pola sociedade civil galega, na exixencia do cumprimiento da normativa e en haber transmitido á Comisión de Peticións do Parlamento Europeo os feitos denunciados nesta misión.
Recoñecemos alguns esforzos realizados polas adminstracións públicas en materia de depuración, que deron lugar á mellora de varias zonas, pero cabe recordar que se realizaron como consecuencia dos apercibimentos derivados do procedimento de infracción. Tamén recoñecemos, dun modo mais xeneral, que se teñen producido algúns avances desde a década dos 1980, cando Galicia só contaba cunha planta de tratamiento de augas residuais, fronte ás 151 plantas actuais cunha capacidad mínima de 2 000 h.e, executados gracias á cofinanciación de fondos de cohesión europeos que contribuiron á implantación da rede de saneamento. Aínda así, advertimos que esta grande contribución económica comunitaria non se aplicou íntegramente aos obxetivo para os que foron destinados, pois de ser así xa estaría rematada a execución da rede de saneamento e non habería motivo para a apertura do procedimento de infracción por parte de Comunidad Europea.
Destacamos entre otras cosas positivas, que en algunhas partes das rías sigue existindo unha industria extractiva boyante, pesca artesanal, marisqueo y acuicultura extensiva, que son as actividades económicas mais importantes do país. Sin embargo, o excelente estado destas zonas será tamén degradado si non se fai nada urxentemente para resolver os problemas expostos no informe.
As sentenzas do Tribunal de Justiza da Unión Europea contra España supón unha primera medición do nivel de gravedade das infraccons e retrasos da aplicación das Directivas europeas. Durante s súa visita, os membros da Delegación recibiron información das autoridades competentes sobre os plans de lucha contra a contaminación e puderon constatar que as augas pluviales seguían sin tratarse correctamente en Vigo e que aínda que a planta de Vigo-Lagares, en fase de construcción, teña capacidade para o doble da poboación, a Plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo Cíes advirte que non poderá responder ás inxentes cantidades de auga da choiva que chegará a través dos colectores para o seu tratamento.
Tal como di o informe, a xestión de augas residuais nesta rexión require un planteamento integral, coordinado e exhaustivo que permita que florezcan e prosperen as actividades extractivas (acuícolas, pesqueiras e marisqueiras), turísticas e de ocio. A Plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo Cíes considera acertados os planteamentos pero para elo e necesario invertir en recursos humanos e financeiros, en información, educación ambiental e investigación.
Aínda que a planta de Reganosa teña recibido todas as autorizacións necesarias para desenvolver a súa actividade, A Plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo Cíes entende que foi un grave error a súa ubicación e como ben di o informe, os membros observaron unha certa proximidade con algunhas casas.
En O Burgo, exemplo de degradación do medio ambiente, os tres membros da delegación sorprenderose ante o espeso lodo acumulado que afecta negativamente ás actividades cotidianas da poboación, así como ao empleo local pois desde fai muchos años teñense perdido postos de traballo como consecuencia da contaminación. A Plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo Cíes entende que deben tomarse con urxencia medidas para garantizar a calidade da augua co fin de aproximarse aos niveis europeos mais estrictos.
Na Plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo Cíes faisenos difícil entender que as autoridades rexionais tibesen que recoñecer que a contaminación das Rías ameaza a saúde, a calidade medioambiental, a economía local baseada en actividades extractivas como a pesca, o marisqueo e a acuicultura extensiva, para que se comprometesen a actuar para evitar e frear un maior deterioro. Aínda que os membros da Delegación alentan a invertir de maneira mais activa co fin de alcadar o objetivo de frear un maior deterioro das augas consecuencia da contaminación e garantir a depuración e o saneamento integral das rias, entendemos que isto non é suficiente, tamén haberá que aplicar a lei e pedir responsabilidades.
Cando a Delegación lamenta que as administracions local, autonómica e estatal non informa aos peticionarios sobre os procedimentos seguidos no tratamento das denuncias presentadas; Tamén a nosoutros nos parece increíble, pero esa é a realidade.
Dando por suposto que é necesario limpiar urxentemente a ría de O Burgo mediante un dragado amplio e organizado das bahías e entradas das augas mais afectadas así como realizar constantemente análisis científicos dos lodos e retiralos da zona, na Plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo Cíes creemos que se debe estar plenamente garantido que esa limpeza e retirada de lodos non cause outro problema de contaminación.
Entendendo como boas algunhas das medidas e recomendacions do informe da Delegación, na Plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo Cíes consideramos imprescindible que despois de aplicadas as medidas correctoras, se realice un esforzo inversor para recuperar a productividade das zonas tratadas e volvan a ser os espacios que ancestralmente foron utilizados para o marisqueo e pesquería artesanal (ou acuicultura recentemente). Tamén proceder á rexeneración dos espacios agredidos con aterramentos hasta que a dinámica litoral volva a funcionar sin alteracions.
No informe reconocese explícitamente a falta de cooperación e diálogo que numerosos colectivos da sociedade civil triveron desde 1999, (incluso con anterioridade), cuia mostra é a presentación das diferentes denuncias que tivieron como finalidade esta misión. Tamén fan un chamado ás autoridades autonómica e locais para que busquen mais activamente unha colaboración coas asociacions locais da sociedad civil, (organizacions de defensa, protección e educación medioambiental) comprometidas na mellorar a contorna e que deben garantir unha cooperación pragmática e práctica con elas en base á participación que establece a Directiva de información ambiental- VER DATA LEX . Aínda que os membros da Delegación están convencidos de que isto é posible e necesario dadas as circunstancias observadas nas zonas visitadas e creen que debería existir unha firme vontade de promover activamente o saneamento e rexeneración integral das rías. Na P. D. R. Vigo unicamente temos a esperanza que gracias a Delegación sí poidamos colaborar (reciprocamente) coas autoridades.
Nos seus debates coas autoridades españolas sobre a futura cooperación financeira e técnica mediante os Fondos de Cohesión (hasta finais de 2013) e os Fondos Estructurales (FEDER e FSE), a Unión Europea debe estar preparada para proporcionar o apoio financeiro necesario, que permitiría a Galicia dar prioridade de forma mais eficaz aos programas e proyectos destinados á limpieza das rías e o seu interior, a fin de mellorar considerablemente a xestión de augas residuais e restablecer de forma efectiva a calidade das augas, a paisaxe e os rendimentos económicos das zonas costeiras. La Plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo Cíes felicita e agradece esta proposta.
Os membros da Delegación fan un chamado ao Estado Español a que realice inversions de cofinanciamento e de financiamento propio e así completar o saneamento e depuración integral das Rías, xa que no presente exercicio orzamentario, por exemplo a Ría de O Burgo non recibió inversions nin están previstas para o año 2014. Polo que, recomendan que se promova un Programa específico. A Plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo Cíes propón unha actuación en todas as rías, que posibilite a construcción da rede separativa para as augas pluviais e os necesarios tanques de tormenta antes do seu vertido definitivo a os ríos e rías, adecuando as redes existentes para colectores específicos de conducción das augas fecais e industriais, (estas previo tratamento en orixen), ás EDARS.
Sobre Recomendacións. (Demandamos solucións definitivas).
A Vigo
A Delegación Oficial agradece aos peticionarios haber recurrido á Comisión de Peticions en relación ás cuestións de calidade das augas de Galicia;
Tamén lamenta o atraso das autoridades españolas á hora de cumplir os artícugos 3 y 4 da Directiva 91/271/CE e o artígo 5 da Directiva 79/923/CEE.
A Plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo Cíes entende que aínda que non estéa subsanado completamente polas autoridades o problema de contaminación, gracias á presión ciudadana e política europea, dito problema poida estar en vías de solución coa construcción da nova depuradora Vigo-Lagares, pero insistimos, o feito de realizar unha nova depuradora non significa a solución completa e definitiva si non leva aparellado o tratamento en orixen dos residuos industriais e a separación de augas pluviais das augas fecais, así como a garantía de que toda a rede funcione adecuadamente, especialmente os mecanismos de impulsión para que nunca se deteñan os bombeos hasta as, “EDARS”, depuradoras por causa de fallos mecánicos, sobrecarga nos colectores ou falta de enerxía, que son as principais causas dos verquidos sin depurar á ría de Vigo.
A Delegación desexa e, nos tamén, que no futuro, gracias á este proceso, as administracions local, autonómica e estatal informen a os peticionarios, sobre os procedimentos seguidos no tratamento das denuncias presentadas e nos faciliten documentación dos proxectos cuando se lles demande.
Desexamos que a financiación da Unión Europea siga orientándose á investigación e á mellora da calidade das augas así como á inversión en proxectos destinados á economía extractiva -pesca artesanal, marisqueo y acuicultura.
Os desexos e recomendacions de esforzo ás distintas autoridades competentes en materia de mellora da calidade das augas e do tratamento das augas residuais das poboacions de máis de 150 000 habitantes, tamén os compartimos, e así os vimos demandando na Plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo Cíes, pero ademáis creemos que é imprescindible que se actúe sobre as de menor poboación en todo o territorio da Ría de Vigo e a súa contorna, dunha forma integral, xa que o tratamento e o saneamento debe realizarse conxuntamente, si o que pretendemos é que se incremente a cría de moluscos, pesca artesanal, o medio ambiente, marisqueo e mesmo o Parque Natural Illas Atlanticas.
Cando consideran que a actual planta de Vigo, dadas as deficiencias estructurais, non responde de manera suficiente ás necesidades da poboación; estima, por tanto, que a nova planta depuradora de Vigo-Lagares, en fase de construcción, podería representar a solución para o tratamento das augas residuaies pola súa capacidade de tratamento equivalente a 800 000 habitantes para unha poboación estimada de 466.230 habitantes en época estival; cando chama a atención sobre a existencia das plantas depuradoras de Vigo-Teis, Redondela, Arcade-Soutomaior, Vilaboa, Nigrán, Baiona, Gondomar, Moaña e Cangas, que alcanzan unha capacidade de tratamento para 924.821 habitantes, casi o doble do número de habitantes da ría de Vigo. A Plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo Cíes insistimos en que o saneamento da ría de Vigo seguirá sendo insuficiente si non se contempla a instalación de colectores separativos de augas pluviais en todas as poboacions da ría de Vigo e non se suprimen as canalizaciones de pequenos ríos que verten nos colectores de augas fecais así como que as estacions de impulsión -bombeo- funcionen sin fallos.
Consideran que a planta depuradora de Vigo, en fase de construcción, se adecuará ás normas mais modernas en materia de tratamento de augas tendo en conta as exixencias da poboación, por exemplo ao garantir o confinamento dos cheiros no interior da planta ou mediante un diseño acorde a paisaxe. A isto a Plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo Cíes advirte que tanto a nova EDAR, (como as xa existentes), deben tratar exclusivamente as augas industriales -tratadas previamente en origen- e as augas fecais, evitando que cheguen ás plantas depuradoras as augas pluviais mediante a instalación de redes separativas e instalando nas redes de pluviales os correspondentes tanques de tormenta -cuia función é a separación e recollida de residuos urbanos de superficie- e recomenda que se esixa o cumprimento da normativa vixente respecto á recollida, conducción e tratamento das augas residuais industriaies, urbanas e pluviaies, sempre separativas para evitar que as augas pluviaies cheguen contaminadas aos ríos e ao mar por causa dos hidrocarburos, metales pesados, etc, que poidan alterar a biodiversidade dos sistemas hídricos, que como xa se ten comprobado, influe negativamente nas actividades extractivas, calidade das augas e no ecosistema da Ría no seu A Plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo Cíes insistimos en que o saneamento da ría de Vigo seguirá sendo insuficiente si non se contempla a instalación de colectores separativos de augas pluviais en todas as poboacions da ría de Vigo e non se suprimen as canalizaciones de pequenos ríos que verten nos colectores de augas fecais así como que as estacions de impulsión -bombeo- funcionen sin fallos. conxunto.
Tamén coincidimos no desexo de que se respete o prazo de remate das obras da planta depuradora Vigo-Lagares, fixado para o 31 de dicembro de 2015. Pero ante os feitos acontecidos anteriormente e os comportamentos das autoridades, non temos garantías do cumprimento deste prazo, por lo que consideramos que se deben establecer mecanismos de seguimento e control, incluida una participación directa dos peticionarios.
A Delegación recorda, como demandan algunos peticionarios, que se cumpra o Plan de Ordenación do Litoral, aprobado polo Consello de Goberno autónomo de Galicia o 10 de febreiro de 2011, que contempla políticas de desarrollo territorial e urbano que teñen en conta a sostenibilidade dos recursos naturais e foi obxeto dunha observación da Organización das Naciones Unidas no seu programa ONU-Hábitat, que califica o contido do plan como «buenas prácticas medioambientales». Compartimos este documento como base de boas prácticas e así o manifestamos, solo falta o empeño real das asdministracións e a posta en práctica.