Porque un uso e tratamento das augas e cousa de todos?. Nos últimos anos e de forma continuada vénse mostrando unha constante merma dos recursos hidrolóxicos por mor do cambio de clima global sen que a cidadanía obteña resposta en forma de acción ou previsión por parte das distintas administracións, estando pois imposibilitada de colaborar no uso e consumo ecolóxico, eficiente e sustentable da auga.
A auga nas súas diferentes formas e estados é un dos únicos elementos fundamentais común a tódalas formas de vida coñecidas e que o ser humano sempre utilizou, entre eles a auga da chuvia. Aínda que a FAO (Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación) pon de relevo que no século XX o consumo da iauga ten medrado a un ritmo dúas veces superior ao da poboación mundial, a pesares deste risco nada significativo se ten feito a este respecto para evitar as nefastas consecuencias do uso irresponsable da mesma. É precisamente a principios do século XX cando se comenza a canalizar a iauga para ser subministrada directamente ós puntos de consumo e se deixan de utilizar masivamente os alxibes e outros sistemas de recollida e reserva de augas pluviais que era o sistema empregado dende a orixe das civilizacións a excepción dos países do terceiro mundo onde por razóns de pobreza económica e hostilidade climática seguen utilizando estes sistemas primitivos de recollida e almacenamento. Sabemos que na actualidade o consumo de auga potable por habitante e día nos países máis desenvolvidos chega aos 1000 litros día, sen contar o gasto por consumo agrícola que vén sendo o 70% do consumo total da iauga (en zonas en desenvolvemento pode acadar o 90%).
Non toda a iauga que se consume ten que ser tratada. A maior parte da iauga que utilizamos non ten por qué ser potabilizada xa que en lavadoras, descargas de inodoros, limpeza de rúas, rega de xardíns, extinción de incendios, etc, se pode utilizar a iauga da chuvia tal como se precipita o que nos aportaría unha reducción no consumo da auga potabilizada de aproximadamente un 45% pois se estima que so o gasto en descargas de inodoros supón o 40% do gasto total en calquera vivenda.
Conciencia ecolóxica. Paradóxicamente destacan en conciencia ecolóxica países do centro e norte de Europa onde non teñen precisamente unha necesidade perentoria de control dos recursos hídricos. Estes países adoptaron medidas de protección e teñen en funcionamento sistemas de aproveitamento das augas pluviais dos tellados dos edificios a través dos propios canelóns e baixantes ata un depósito que con un simple filtro de partículas, rebosadeiro e unha bomba de impulsión subministra o circuito de sanitarios para os que non é necesario auga tratada e, ademáis, penalizan o consumo de auga potable con prezos por m3 significativamente superiores aos nosos.
Aforrar auga é mellorar os caudais ecolóxicos. Como é sabido a auga da chuvia que cae nas zonas terrestres, filtrase ata as capas freáticas do subsolo onde se forman grandes reservas, toman forma de ríos ou lagoas que logo se se rompen ou debilitan as capas que a contén volven á superficie e se incorporan nos rios, lagos…. volvendo ó mar e mantendo así o equilibrio no ciclo da auga.
Os proxectos de enxeñería para a depuración de augas residuais urbanas (EDAR) teñen como obxectivo a completa depuración, tanto que na incorporación de volta ó medio ambiente se califica de “inocua”. Pois ben, de ser así, porqué non se reutilizan esas augas para baldeo de rúas, rega de xardíns, reserva contraincendios……e non alteramos tan gravemente o ciclo natural?
Anque teñamos aprendido que nos últimos anos o cambio climático nos afectou dun xeito elocuente e teñamos feito conciencia de que hai que facer un uso responsable da iauga, non debemos seguir afrontando a solución do serio problema que se nos presenta coa mentalidade económica do mínimo investimento senón co da sustentabilidade. É preciso moderar o consumo da iauga e para iso será preciso unha importante campaña de reeducación poboacional ademáis das medidas estructurais que se adopten.
É por tanto o obxectivo principal desta proposta manter a auga na súa orixe, encoros e mananciais, conseguindo así ter reservas para afrontar períodos de seca sen alterar os recursos hídricos que necesita a propia natureza. Compre pois establecer un protocolo de recollida e almacenamento con proporcións acaidas para o dimensionado de tanques de uso público e privado para rega de xardíns urbanos, en vivendas, industrias, portos, piscinas, fontes ornamentais e moitas outras necesidades que non precisen tratamento de potabilización.
Para isto é necesario adoptar medidas nos aspectos seguintes: