• Comezo
  • Plataforma
  • Asóciate
  • A Ría
    • Lexislación
    • Estudos
    • Actividades
  • Actualidade
    • Novas
    • Galería
  • Contacto

A Plataforma denuncia que os verquidos continúan na ría a pesar da nova depuradora

23 Xuño, 2018
Categorías
  • Novas
Etiquetas

A Plataforma pola Defensa da Ría de Vigo, ‘Cíes’, enviou ao Concello de Vigo mediante rexistro municipal un escrito no que se denuncia que continúan os verquidos contaminantes á ría procedentes da rede de saneamento a pesar de estar xa a funcionar a nova depuradora do Lagares.

Tras un investimento millonario, a plataforma recalca que segue sen facerse unha depuración correcta das augas residuais, xa que non existen redes separativas de augas pluviais e fecais previas, así que nos días de choiva é tal a cantidade de auga que os puntos de impulsión non teñen capacidade para enviar todo á EDAR, polo que se abren comportas e se envía directamente á ría por diferentes aliviadoiros.

Dende a Plataforma ínstase ás autoridades a tomar medidas urxentes para establecer un maior control non só sobre os verquidos, senón tamén sobre os investimentos e o cumprimento da legalidade.

Esta mesma demanda trasladouse á Comisión de Peticións do Parlameto Europeo: Carta á Comisión de Peticións.

 



 

 

Compartir

Novas relacionadas

18 Xuño, 2021

“POR UNHA RÍA SUSTENTABLE” “POR UNHA RÍA DOS CIDADANS”


Ler máis
23 Maio, 2021

INFORME IMPACTO AMBIENTAL DEUP PORTO DE VIGO


Ler máis
14 Xaneiro, 2021

NOVO ESTUDIO DE IMPACTO AMBIENTAL PARA A DELIMITACIÓN DE ESPAZOS E USOS PORTUARIOS DO PORTO DE VIGO


Ler máis

Información legal

Aviso Legal
Normas de privacidade
Política de cookies

Redes Sociais

Información de contacto

web@plataformariadevigo.org presidente@plataformariadevigo.org

Tel: +34 679 687 808

© 2018 Plataforma pola defensa da Ría de VIgo. Todos os dereitos reservados.
      Política de cookiesEstá páxina utiliza cookies e outras tecnoloxías para que poidamos mellorar a súa experiencia no noso sitio: Máis información.