Sinxelos consellos que fan da nosa ría de Vigo un espazo máis sostible.
¿Sabes como contribuir a facer que a ría mostre un mellor aspecto? Dende a plataforma ensinamos como logralo, sin esforzo, con xestos doados e sinxelos podemos logralo, só necesitamos un pouco da túa axuda.
A ría de de Vigo, como as outras rías do litoral galego, son nichos biolóxicos únicos no mundo, dende especies ate un ciclo da renovación da auga distinto para cada unha delas, as augas galegas son coñecidas pola sua riqueza comercial e paisaxística, por elo, fai falla a complicidade de todos para mantelas dese xeito.
1.- Merca o peixe de xeito sostible
Non merques especies en perigo de extinción, nin ovadas, nin fóra de tempada, contribuirás a facer medrar as poblacións desas especies, pon especial atención no tan codiciado marisco, centolas e nécoras ovadas fan decrecer as poblacións de cara a vindeiras tempadas. O polvo, producto estrela, ten a súa veda biolóxica, mercalo ao comezo do verán sin etiquetar é un perigo para este cefalópodo, e o peixe pequeño debemos deixalo medrar ate unha talla reproductiva, robalizas , pintos e maragotas, ou sargos, son codiciados dende idades que poñen en perigo a súa sostibilidade.
2.- Os verquidos ao mar, perigo público número un
A cabicha dun cigarro, unha bolsa de plástico, a rede plástica dos packs de latas, son só algúns dos máis habituais verquidos, pode parecer insignificante, pero todo aquilo que aporta materiais insalubres á auga podemos deixar de tiralo dun modo sinxelo. Non pedimos que vaias recollendo cada cabicha, plástico ou demáis cousas mentras disfrutas do mar, pero si ti non contribúes con máis do mesmo, xa será un éxito.
3.- Praias limpas, mar calmo
Disfruta da praia, dende logo, e o marchar, recolle e deixa a túa zona tan limpa o mellor do que a atopaches, restos de comidas, envases, e outros desfeitos rematan por chegar ao mar, e o resto xa o liches no consello anterior.
4.- Mercar produtos de aproveitamento ¡vaia leria!
Produtos feitos de coral (moi turística a venda de gorgonias de cor morada en certos lugares), xoiería a base do mesmo produto, colares de vivalvos e outras conchas, ou derivados de tabeiróns e quenllas, ou das baleas, ¿ coidas que mercando isto reducimos a presión sobre o medio mariño?, non fai falla responder.
5.- Fas deporte no mar? Con sentidiño
Dende o kaiak no botes lixo, dende o teu lugar de pesca a cana, procura non deixar chumbo no mar, dende o teu lugar de buceo, avisa se encontras concentracións de lixo nun lugar determinado, e procura non estragar o que tantos anos lle costou ao mar crear.
6.- Divulgar, é o mellor remedio, e de valde
Pois si, xurde o tema nunha conversa, nin o dudes, inflúe e posicionate fai recapacitar aos teus sobre isto mesmo, e doádo, expresa a túa opinión a favor dos coidados, e lembra, ningún dos tips ou consellos deste artigo costan un peso, só unha pequena parte da túa vontade.
¿Cres que o que che contamos dende a plataforma é un conto?, olla para os datos:
¿E todo isto por qué?
Pois por que o noso mar e fonte de vida, mais do 60% dos galedos vive na franxa que vai do mar a 50 km terra adentro, por que o mar ten a maior biodiversidade do mundo, case que un millón de especies dende virus ate a gran balea azul, por que dese mar nos alimentamos, por que en Galicia máis de 10.000 familias viven de xeito directo do mar, por que é o espazo lúdico preferido dos galegos.
A morriña xurdiu nun barco que se alonxaba da nosa terra, ¿queres ter morriña do teu mar estando na túa terra.