O CLUB MARÍTIMO DE CANIDO VOLTOU A PRSENTAR SOLICITUDE DE CONSTRUCCIÓN DUN PORTO DEPORTIVO A PESARES DE SER REXEITADO EN 2005 POR AGREDIR AO MEDIO AMBIENTE.
O proxecto presentado en 2012 apenas difire do presentado en 2005, é decir, trátase de facer unha faralloeira de abrigo e unha dársena cun novo espigón en prolongación do existente a base de recheos sobre a lámina de auga que tería unha superficie superior aos 30.000 m2.
As consecuencias desta construcción para EMBARCACIÓNS DEPORTIVAS, serían exactamente as mesmas que as do proxecto presentado en 2005 que foi rexeitado: eliminación dos recursos naturais dos que vive a xente mariñeira e marisqueira de toda a ría (non só de Canido), cambio de correntes mariñas e cambio da hidrodinámica que afecta aos areais da ría de Vigo, cambios na configuración da costa ocasionados polos efectos das novas correntes, e en xeral a perda dun ecosistema que tardou miles de anos en configurarse (lembremos as consecuencias do recheo de Bouzas).
Pois ben, todo isto para amarre de embarcacións deportivas que aportan apenas o 10% dos recursos que destrúen. Paga a pena?
Por tanto, ao estaren vixentes as razóns polas que foi desestimado o primeiro proxecto, nós, como Plataforma pola Defensa da Ría de Vigo estamos certos que estas obras non se deben de realizar e por iso facemos un chamamento á poboación en xeral, especialmente aos afectados directamente para que asinen a solicitude modelo de desestimación que imos presentar por Rexistro na Xunta de Galicia do mesmo xeito que fixemos co proxecto anterior.