NOVOS VERTIDOS CONTAMINADOS Á RÍA DE VIGO, INCOMPETENCIA DAS ADMINISTRACIÓNS E INCUMPRIMENTO REITERADO DA DIRECTIVA MARCO EUROPEA DA AUGA.
A pesares de termos denunciado en diversas ocasións as verteduras directas de augas fecais á ría de Vigo, procedentes dos aliviedeiros, da rede de colectores de marxe de ría, no concello de Soutomaior. éstas séguense producindo a cotío sen o tratamento de depuración preceptivo.
Estes acontecementos, incomprensibles a día de hoxe, cáusannos fonda preocupación así como desconcerto ó comprobar que as administracións públicas, neste caso administración local, non responden ante semellantes atentados á calidade das augas da ría de Vigo da que depende o sustento de tantas familias que traballan no sector pesqueiro e extractivo.
Sabemos que o Organismo ou empresa concesionaria da depuración das augas residuais son as responsables directas de tales atentados contra o medio natural, pero tamén que o concello de Soutomaior ten a obriga de facer cumprir o prego de condicións así como a de empregar os sistemas de control necesarios e a incoación dos expedientes disciplinarios pertinentes.
Todos os puntos de vertido teñen algo en común, o mal funcionamento, ou paralización, dos pozos de bombeo e así se pode comprobar nos aliviadeiros ao longo da costa Porto de Arcade, (xunto a EDAR), Praia Matilde, ao carón da Ponte Romana, EDAR de Soutomaior,etc, que levan meses vertendo directamente á ría e ao río as augas do saneamento sen tratamento de depuración.
Despois de terense feito importantes investimentos para o saneamento integral da ría de Vigo, como cidadáns responsables coa natureza, non podemos calar e mirar para outro lado por iso denunciamos enerxicamente ditas verteduras contaminantes nas que é partícipe, por omisión de funcións, o concello de Soutomaior, que tería que velar pola saúde dos seus cidadáns e pola economía de subsistencia das xentes do mar que depende da calidade das augas da ría.
Remarcamos a gran emeroteca sobre as diferentes denuncias presentadas por diversos colectivos e persoas ao longo dos ultimos anos, denuncias ante o 112, Augas de Galicia, Seprona ou na policia municipal, sin que se teña dado unha solución efectiva ao problema.
A este respecto temos presentado escrito no concello de Soutomaior SOLICITANDO do Sr. Alcalde como responsable máximo do concello e en cumprimento da Directiva Marco da Auga da UE, sexan adoptados os acordos e xestións oportunas aos efectos de: