Na entrevista mantida co novo presidente da Autoridade Portuaria, o Sr. Lopez Veiga, puxemos de manifesto que a A plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo “CÍES” vén traballando dende hai mais de 30 anos na procura do saneamento integral da Ría de Vigo e a súa contorna. Somos conscientes das dificultades que esta labor supón, pero cremos que merece a pena facer o posible para deixar ás xeracións futuras unha ría ambientalmente recuperada, en condicións mellores que as actuais.
Ó longo da nosa andaina como plataforma en defensa da ría de Vigo, fixemos múltiples reclamacións en materia de saneamento para a ría perante as Administracións públicas, entre outras, a demanda da instalación de colectores de marxe de ría e as infraestruturas axeitadas de depuración. Actualmente á marxe das sempre eternas reivindicacións de mellora da calidade das aughas, tamén estamos facendo un labor de concienciación para a protecciópn do medio ambiente en centros de ensino primario, Institutos, asociacións veciñais, confrarías de pescadores así como á cidadanía en xeral, por iso editamos folletos informativos e temos editado o libro “A RÍA DE VIGO Impacto da actividade humana, xestión sostible e conservación ambiental” que coa colaboración de investigadores do IIM de Vigo, IEO ou Uvigo, resulta un traballo de divulgación do funcionamento da ría e a relación coa nosa contorna e con isto pretendemos fomentar o respecto por ela.
Todo este traballo ten significado un gran esforzo de participación humana e un importante custe económico para a discreta economía da plataforma, pero o noso obxectivo é seguir traballando nesta mesma liña. Así o temos manifestado na entrevista mantida co presidente da autoridade portuaria, expuxémoslle a importancia do porto como elemento contaminante e a relación que ten coa labor que estamos desenvolvendo para de seguido concluir que debemos traballar conxuntamente na protección e conservación da ría.
Por tanto:
Non estamos en contra de todo por sistema, defendemos actividades ambientalmente sustentables sendo moi exixentes, insistentes e ata belixerantes con propostas de explotación e comerciais que poñan en perigo a saúde da ría. Quizáis con esta actitude contribuimos á implantación da autopista do mar, ou que se estean mellorando o sistema de depuración de augas fecais, aínda que non é o suficiente.