Moción que se presentou aos concellos da Ría.
A Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar está a tramitar o Anteproxecto de Lei de Acuicultura de Galicia, sendo rexeitado dun xeito contundente polos diferentes sectores do mar e da cidadanía (mexilloeiros, mariscadores, pescadores, agrupacións ecoloxistas, etc.)
Que este texto está redactado de xeito partidista para que favoreza as grandes empresas con métodos de explotación masiva en prexuízo dos traballadores do mar que utilizan métodos tradicionais en pesca e marisqueo. A este respecto dicir:
O sector do mar en Galicia é estratéxico na economía local polo emprego directo xa que xéra mais de 33.000 postos de traballo directo entre mariscadoras a pé, mexilloeiros, mariñeros, mariscadores a flote…etc, un amplo colectivo que ten o seu medio de vida no mar.
A actividade no mar tamén ten a súa reperusión económica en terra a través das empresas dedicadas á elaboración e transformación dos seus productos (conserveiras, depuradoras, cocedoiros, procesadores, comercializadores, centros de conxelación, empresas proveedoras de servizos e subministradoras (estaleiros, cordelerías, carpinterías, montaxe e maquinaria), así como transporte, control do medio mariño, formación, investigación e un longo etc.
Contribúe dita actividade no sector turismo, pois en Galicia está baseado en tres piares: a catedral de Compostela, a paisaxe e a gastronomía. As consecuencias causadas por unha lei interesada de parte, serían repercutidas na paisaxe das rías, na riqueza que delas se extrae en forma de productos mariños e no distintivo de calidade que prestixia a despensa galega.
Este Anteproxecto de Lei de Acuicultura, elaborado sen diálogo cos sectores do Mar, incorpora a Estratexia Gallega de Acuicultura – ESGA, para darlle rango de obrigado cumprimento que entre outras cuestións a ESGA prevé “O Plan de Ordenación da Acuicultura Litoral en Terra”, que establece:
O Plan de Ordenación de Cultivos Mariños, que fixa as especies a cultivar en cada zona das Rías e o tipo de artefacto a utilizar.
De aprobarse como Lei, os principais prexudicados sería toda a xente do Mar.
As autorizacións de marisqueo que pasen a acuicultura terán unha concesión temporal e deberán producir uns rendementos mínimos. Ademáis, haberán de pagar os canon por superficie ocupada (co risco de viabilidade económica das confrarías) e pasar as embarcacións a 4ª lista perdendo os permex de otras actividades, unha vía más para a extinción da pesca tradicional e o marisqueo.
Todas as concesións, ao seu remate ou de no cumprir os rendementos mínimos, sairá novamente a concurso público e serán concedidas con discriminación que favorece aos máis fortes, xa que obriga a competir a xente do Mar contra multinacionais.
Esta lei está deseñada para implantar a piscicultura intensiva industrial e vai a autorizar todo tipo de especies, incluso foráneas, que poderían acabar sendo invasoras do medio natural.
Para a implantación da piscicultura intensiva, a Lei impulsa a Acuicultura Multitrófica Integrada- AMTI, técnica que consiste nun monocultivo de peixe carnívoro (salmón, etc) que utiliza especies extractoras (moluscos, algas) como acompañantes. Esta técnica busca reducir os niveles de contaminación xerados polas gaiolas de peixes co obxectivo de mellorar a súa imaxe pública.
A aprobación da Lei tería efectos negativos sobre o medio ambiente. Estes son algúns deles: