Unha vez máis, desde a Plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo “CÍES”, denunciamos novos vertidos de augas fecais sin depurar á ría na cidade de Vigo. É vergoñento comprobar día a día como na contorna da EDAR de Vigo vertense ao Río Lagares as augas fecais sin depurar.
É vergoñento que os responsables autonómicos Conselleiro de medio ambiente, presidente do Ente Público Augas de Galicia e o concello de Vigo, fagan manifestacions públicas ou en sede parlamentar, de que os vertidos contaminados á Ría xa están solucionados ao entrar en funcionamento un sistema provisorio da EDAR, cuando non é verdade como se demostra diariamente. Por elo afirmamos que minten e engañan aos cidadáns e fan un dano irreparable ao medio ambiente e a calidade das augas da ría, das que dependen tantas familias.
Desde la Plataforma comprobamos estes feitos, que puxemos en coñecemento do 112 e o organismo que a Xunta de Galicia ten para o control da calidade dos vertidos á ría e rios, unha vez máis ao longo dos últimos anos, no día de onte venres 21 de febreiro de 2014, cuxo testimonio se reflecte nas imaxes que se mostran.
Lamentablemente os responsables Autonómicos e locais, seguramente seguiran dicindo que non é certo e que todo está funcionando adecudamente, seguiran mintindo.
Aos veciños que desexen comprobalo e saber a verdade, so lles pedimos que dean unha volta pola contorna da Depuradora de augas fecais do Lagares Vigo.