• Comezo
  • Plataforma
  • Asóciate
  • A Ría
    • Lexislación
    • Estudos
    • Actividades
  • Actualidade
    • Novas
    • Galería
  • Contacto

Evolución ambiental da ría de Vigo

  • Comezo
  • Novas
  • Contidos Estudos
  • Evolución ambiental da ría de Vigo

Evolución ambiental da ría de Vigo

6 Maio, 2014
Categorías
  • Estudos
  • Novas
Etiquetas

A IMPORTANCIA DO MEDIO AMBIENTE NA RÍA DE VIGO E A SÚA CONTORNA, FAI NECESARIO UN COMPROMISO SOCIAL DA CIDADANÍA ASÍ COMO ACTUACIÓNS CONCRETAS:

A Plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo “CÍES”, está levando a cabo actividades de divulgación, concienciación, protección e recuperación de zonas degradadas da contorna. A tal efecto celebrouse un acto cos alumnos de bacharelato no IES as Barxas, Moaña, sendo os temas tratados: “Evolución ambiental da Ría de Vigo” e “Qué nos oculta a Ría de Vigo?”.

O relator Serxio Regueira presidente da PDRVIGO, tratando o primeiro tema, puxo de manifesto a evolución da ría en todas as vertentes: ocupación abusiva da lámina de auga por aterramentos que teñen incidido negativamente nos bancos marisqueiros, creación de zonas de retención de contaminación e o que supoñen como obstáculos á dinámica litoral (fundamental para o bo estado da ría). Incidiu na gran importancia dos recusos naturais na creación de postos de traballo grazas á extracción de ameixa, anguía, sardiña, choco, polbo, entre outros, e que por falla de programación dunha explotación sustentable xa se teñen reducido en mais dun 50%, os postos de traballo directos deste sector. Expuxo a necesidade de concienciación de toda a sociedade e as administracións públicas, porque todos somos necesarios para evitar unha maior contaminación así como a recuperación das zonas danadas.

O relator D. Ricardo Prego Reboredo que é, desde 1984 científico do Instituto de Investigacions Mariñas de Vigo-CSIC, especialista en Oceanografía Química, que ten participado en decenas de campañas oceanográficas por todo o mundo, autor de douscentos artigos científicos e varios libros, tratou o segundo tema e puxo de manifesto que coñecer a contorna permite tomar decisións correctas na protección da ría así como en catástrofes maiores. A ría agocha moitos aspectos pouco coñecidos algúns moi chamativos, por iso na súa exposición D. Ricardo buscou picar a curiosidade dos alumnos e así comprobar se son capaces de mirar todos os días un pouco mais alá. Explicou que a ría non existiu sempre, que a auga da ría e as súas marxes non existían hai 12.000 años, que era terra firme e que tamén desaparecerá debido a un proceso cíclico relacionado coas glaciacións e co nivel do mar, que a propia auga da ría tamén ten os seus segredos, ún deles que deben saber os rapaces é que regula a temperatura. En inverno a auga da ría actúa como calefactor e no verán como refrixerante, as diferenzas tamén son claras según en qué parte da ría esteamos pois algunhas veces hai cinco graos con respecto a Cangas ou Moaña. Os nutrientes da auga explican por qué as Rías Baixas teñen tanta riqueza pero a ría de Vigo tamén oculta contaminación nos seus sedimentos, sobre todo o chumbo na zona da enseada de San Simón e o cobre en todas as zonas portuarias. Esa é a principal pegada no sedimento, pero a contaminación ten moitas caras, xa que tamén sofre a contaminación biolóxica por coliformes fecais.

A ría de Vigo é unha contorna muy alterada por aterramentos, piscicultura, cultivo de mexillón, zonas portuarias, asteleiros, zonas recreativas e unhas marxes con medio millón de habitantes, o que provoca que a ría sexa moi diferente de como era hai 100 años. Temos que conxugar o interese económico e humano co interese natural. É difícil de conxugar e o equilibrio é inestable porque non se da valor ó medio ambiente. A grande vantaxe da ría é que renova constantemente a totalidade da auga. A auga na que nos bañamos hoxe non é a mesma que a da semana seguinte. Se funciona adecuadamente a dinámica litoral os contaminantes van saíndo ao mar aberto e esa é unha defensa natural que temos pero non podemos abusar dela.

Definir se a ciencia en Galicia e España está ben ou mal requeriría unha resposta moi longa. A miña opinión é que non hai moito interese pola ciencia. Hai interese na divulgación, pero non interese político pola ciencia. Debemos pensar que a ciencia en Galicia é coñecemento do medio, se non se coñece a contorna non podes tomar as decisións correctas cando pasa unha catástrofe coma a do Prestige ou cando queres xestionar ben os recursos.

Compartir

Novas relacionadas

18 Xuño, 2021

“POR UNHA RÍA SUSTENTABLE” “POR UNHA RÍA DOS CIDADANS”


Ler máis
23 Maio, 2021

INFORME IMPACTO AMBIENTAL DEUP PORTO DE VIGO


Ler máis
14 Xaneiro, 2021

NOVO ESTUDIO DE IMPACTO AMBIENTAL PARA A DELIMITACIÓN DE ESPAZOS E USOS PORTUARIOS DO PORTO DE VIGO


Ler máis

Información legal

Aviso Legal
Normas de privacidade
Política de cookies

Redes Sociais

Información de contacto

web@plataformariadevigo.org presidente@plataformariadevigo.org

Tel: +34 679 687 808

© 2018 Plataforma pola defensa da Ría de VIgo. Todos os dereitos reservados.
      Política de cookiesEstá páxina utiliza cookies e outras tecnoloxías para que poidamos mellorar a súa experiencia no noso sitio: Máis información.