Xa coñeces as razóns da riqueza ecolóxica da ría, unha das máis produtivas no mundo, coñece agora que producimos a consecuencia desa riqueza, entre outras é que temos o primeiro produto mariño con denominación de orixe.
No anterior artigo explicámosche por que a ría é o que é gracias ao fenómeno do afloramento, pero dende logo, sin o seu correcto aproveitamento, pouco poderíamos facer, e non só nos referimos aos productos mariños propiamente ditos, se nón a outros usos da nosa ría.
Sen dúbida ningunha, o primeiro e máis coñecido dos nosos produtos e o mexilón, pero non só de mexilón vive o home, e da ría de vigo se extraen diariamento outros productos de pesca extractiva e de cultivo que fan da nosa ría unha das máis produtivas, ameixas, croques, navallas, algas, anémonas, ourizos, e peixes coma linguados, rodaballos, sollas e os tan atrativos para os turísticas, chinchos, xoubas e sardiñas son extraídos da nosa ría a diario.
O mexilón, produto estrela conseguiu non hai moito o recoñecemento da UE, e é o primeiro e único ate o momento produto mariño con denominación de orixe, por algo será.
Dende a plataforma pola defensa da ría, no só queremos transmitir a nosa vontade de manter limpo este espazo por razón meramente de ecoloxía, senón por que mantendo limpa a nosa ría, a súa produtividade manterase estable, sendo sustento de moitas familias, de nada nos serve tela coma un cuadro que ensinar aos nosos amigos, fillos e a os turistas que achegan por milleiros a ella, non, tamén queremos que produza, que sexa motivo dese orgullo galego que levamos tan dentro coma a morriña.
O mexilón galego supón o 50% do xerado en europa, e perto do 20% de todo o mexilón mundial, e a ría de vigo é a segunda despois da ría de arousa en produción, 500 bateas e milleiros de toneladas anuais extraídas, centos de familias de xeito directo viven del, pero non é o unico.
Grazas á peculiar conformación da nosa ría, temos a grande sorte de desfrutar dun estuario mariño protexido polas illas cíes, en tódo-los municipios hai portos deportivos, que xuntos fan que máis de 2500 embarcacións de recreo ás que engadir as embarcacións de pesca poidan recorrer as nosas augas.
Esa é a outra grande riqueza, non só a alimentaria, senón a turística e de ocio, escolas de surf, vela, remo, kitesurf, e outros deportes naúticos dánse cita na nosa ría, permitindo a navegación de ocio case todos os días do ano.
Pero non é todo color de rosa, para manter esa riqueza, fan falla esforzos, persoais e institucionais, por iso, nos vindeiros artigos falaremos dos verquidos das augas residuais á ría, e particularmente, de ata cando a ría poderá asumir toda esa cantidade de detritos dos que o home produce preto do 75% do total.
Lembrade amigos, sen o esforzo de todos, esta riqueza pódese perder, axudádelle a ría a manterse no tempo.