Descubre por ti mesmo cal é a razón da incrible variedade ecolóxica da ría vigo neste breve artigo
A riqueza a Ría de Vigo débese sobre todo ao fenómeno do “afloramento” que provoca a mestura dos diferentes tipos de alimentos microscópicos que forman parte da base da cadea alimenticia do noso ecosistema.
Coñecido é por todos os que vivimos e traballamos en zonas costeiras o fenómeno das mareas , que permiten o movemento de grandes volúmenes de auga na nosa ría, pero isto non é a razón da nosa riqueza, posto que as mareas só provocan un movemento horizontal das capas de auga e dos nutrientes existentes na ría, por contra, hai outro fenómeno, menos coñecido pero primordial nas súas consecuencias para a vida mariña da ría.
Trátase do “afloramento”, o movemento vertical de grandes columnas de auga de levan ate a superficie da ría os materiais biolóxicos dos fondos mariños, non se trata dun simple fenómeno costeiro, senón da clave para a riqueza biolóxica da mesma.
¿Por qué as rías galegas producen tal cantidade de mexilón e outros bivalvos?¿por que o marisco ten un sabor peculiar?¿por que se sostén esta producción cando explotamos eses recursos de xeito intensivo?
Tódalas preguntas teñen a mesma resposta, “afloramento”.
Estudos da universidade de Vigo, do CSIC e incluso entidades doutros países apuntan ao afloramento coma a causa principal da nosa riqueza, pero, ¿que provoca e que é o afloramento?
Imaxina un lago, de volumen constante, donde a corrente de entrada e saída se igualan, provocando un continuo trasvase de auga nas partes superficiais do mesmo, iso semella a nosas mareas, con entradas e saídas de auga sempre nas capas superficiais. Pero agora imaxina que tes una xigantesca culler coa que poder remexer o lago e traer a auga do fondo á superficie, iso é o afloramento.
¿Qué ou quén produce ese afloramento?
Durante moito tempo se dixo que era o final da corrente do golfo que nos baña quen o producía, pero todos os estudos dende 2009 apuntan a outro factor adicional, o vento, e máis concretamente, o vento do norte.
Eses ventos coñecidos ven polos galegos, o Nordés, o Norte e o Noroeste fan chegar grandes masas de auga que debido a conformacion das nosas rías levantan a riqueza de material biolóxico dos fondos cara arriba, toneladas e toneladas de fitoplacton asolagan as capas superficiais, engordando os nosos mariscos e enriquencendo a cadea trófica das augas situadas por enriba da termoclina (liña imaxinaria que separa as augas someras das profundas en función da temperatura).
É doádo sentir as augas frías da nosa ría, aínda cando durante días o sol quenta en superficie, isto é o mellor exemplo da presenza do afloramento, augas frías do profundo que chegan a superficie, que provocan que os bañistas leven un bo susto ao meter o pé, pero que para nos é ouro, a causa da riqueza ecolóxica, e por ende, da riqueza económica da mesma, que trataremos noutro artigo.
Agora, cando vaias as nosas praias, ao sentir o frío das nosas augas , seguro lembrarás a causa, e tamén as consecuencias. Frió si, máis que bon.