Como consecuencia das varias denuncias presentadas desde o ano 2006, a Unión Europea, abriu un expediente sancionar contra o reino de España por incumprimento da lexislación Europea sobre medio ambiente, concretamente por vertidos sin depurar “contaminados” ao medio natural entre os que se atopa a Ría de Vigo.
Procedementos da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo
Petición n.º 0260/1999, presentada por Daniel Pequeño Prado, de nacionalidad
española, acompañada de más de 4 000 firmas, sobre la estación depuradora de
aguas residuales urbanas de Vigo, construida con fondos comunitarios.
Petición n.º 0462/2006, presentada por la Plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo,
de nacionalidad española, sobre la protección de las costas gallegas, concretamente
de la ría de Vigo, de la contaminación y el daño medioambiental.
Dito procedemento foi trasladado ao tribunal de Estrasburgo que determinou a imposición dunha multa millonaria ao Reino de España se dentro dos prazos establecidos non cumprimentaba as obras necesarias para unha depuración total das augas. No mes de marzo pasado recibimos escrito da secretaria da Comisión de peticións da U.E onde se nos comunica (ao non se ter cumprido cos compromisos por parte do Reino de España) que dito expediente segue aberto e que a Comisión decidiu remitir por segunda vez este caso ao Tribunal de Xustiza de conformidade co artígo 260, apartado 2, do Tratado de Funcionamento da Unión Europea.
Pola nosa parte temos remitido escritos ao Concello de Vigo e á Comisión de Peticións do Parlamento Europeo para que sexan adoptadas as medidas complementarias para unha depuración total das augas residuais.
Pódense consultar os textos en: Comisión de Peticións