A Autoridade portuaria anuncia novos aterrados na ría porque necesita máis superficie para que o porto sexa competitivo. Quere volver atentar contra o sector do mar, turismo, calidade ambiental e os seus habitantes, destruir postos de traballo de actividade sostible, productiva e de calidade. Ata hoxe lévanse aterrado máis de 4.500.000 de cadrados, dos que mais de 1/3 foron vendidos e ocupados con vivendas, (praza de Compostela, Areal, Beiramar…), ou naves industriais sen que se complete a posta en funcionamento o “porto seco” PLISAN no que hai un millón de m² en propiedade do porto de Vigo que xa deberían dispor dunha conexión directa por ferrocarril.
Do mesmo xeito e preciso establecer conexións, (por estrada e camiño de ferro), fluidas entre o porto e os diferentes polígonos industriales da provincia, a onde dar traslado as naves industriais que non precisan do bordo litoral para a súa actividade para non ter convertida a plataforma portuaria – litoral nun almacén de mercadorías sen movemento ou naves industriais impropias para estes espacios.
O porto debe de estar dedicado unicamente a actividades que necesiten da lámina de auga, coma tránsito de mercadorías, tránsito de pasaxeiros ou lonxa do peixe fundamentalmente.
A proposta de aterramiento de 100.000 m² en Bouzas, no Areal de 50.000 m², Duches en Rande é a máis prexudicial e depredadora que se poida adoptar cando do que se trata é de explotar os recursos naturais dun xeito racional e sostible do medio. Esta voracidade desmedida por gañar superficie ó mar con recheos para a actividade portuaria foi causa da perda dos mellores bancos marisqueiros e de cría de peixe da ría e miles de postos de traballo co dano irreversible ocasionado ó medioambiente.
Por unha cidade con mellor calidade de vida, afastada de actividades economicas altamente contaminantes como son, ente outros, os grandes cruceiros.
Por unha ría sustentable onde sexan compatibles os diferentes sectores productivos ou de lecer.
Para que as novas xeracións de Vigo e a bisbarra non carguen coas irresponsabilidades das aberracións ambientais actuais.
“NON MÁIS ATERRADOS NA RÍA”
“NON MÁIS CONTAMINACIÓN NA RÍA”