A IRRESPONSABILIDADE DAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS.
A Plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo “CÍES” facemos denuncia pública das verteduras directas á ría de Vigo de augas fecais procedentes da rede de saneamento, sen tratamento de depuración, que acontecen ultimamente procedentes dos aliviedeiros, rede de colectores de marxe de ría, concellos de Moaña, Vigo, Souto maior.
Estes acontecementos, incomprensibles a día de hoxe, cáusannos fonda preocupación así como desconcerto ó ver que as administracións públicas, neste caso administracións locais, non responden ante semellantes atentados á calidade das augas da ría de Vigo da que depende o sustento de tantas familias que traballan no sector pesqueiro e extractivo.
Entendemos que as empresas concesionarias da depuración das augas residuais son as responsables directas de tales atentados contra o medio natural, pero non é menos certo que as administracións locales competentes teñen a obriga de incoar os expedientes disciplinarios pertinentes.
Todos os puntos de vertido teñen algo en común, o mal funcionamento dos pozos de bombeo e así se pode comprobar nos aliviadeiros do Almacén, perto da igrexa parroquial de Domaio, saída do río Miñouva, en Arcade ao carón da propia EDAR, en Vigo ao carón do peirao da fruta, darsena de Coia, Alcabre e mesmo o Lagares, Balea en Cangas, son estes os mais contaminantes xa que leva meses vertendo directamente á ría de Vigo augas do saneamento sen tratamento de depuración.
Téndose dedicado importantes investimentos para o saneamento integral da ría de Vigo, como cidadáns responsables coa natureza, non podemos omitir a denuncia de tales acontecementos contaminantes nos que é partícipe, por neglixencia, a mesma administración local, que tería que velar pola saúde dos seus cidadáns e pola economía de subsistencia das xentes do mar que depende da calidade das augas da ría de Vigo.
Polo anteriormente exposto, esiximos dos concellos da ría de Vigo, se adopten urxentemente as medidas necesarias para:
Rematar dunha vez por todas coas verteduras contaminantes, principalmente as procedentes da rede de saneamento que non son tratadas na planta EDAR.
Exercer un control efectivo do correcto funcionamento das estacións de bombeo e da Estación depuradora de augas residuais.
Esixir ás empresas concesionarias do tratamento de augas residuais o cumprimento do servizo contratado e, dado o caso como na acutalidade, executar as demandas legais e os expedientes sancionadores que correspondan.
Asinado; O presidente Serxio Regueira Gómez.