CHARLAS COLOQUIO DA PLATAFORMA POLA DEFENSA DA RÍA DE VIGO “CÍES”, EN CORUXO O 8 DE XUÑO DE 2013
Na charla coloquio de Coruxo, sobre o libro. A RÍA DE VIGO, Impacto da actividade humana, xestión sostible e conservación ambiental. Do dito acto fixo a presentación D. Emilio Péres Pérez, presidente da A.V de Coruxo. Interviñeron Dna. Ana Belén Antelo Rodríguez, Licenciada en Ciencias do Mar e educadora ambiental, membro da PDR e D. Alfredo López Fernández, Doutor en Bioloxía e membro da PDR.
Nunha sociedade complexa, na que se desenvolven actividades industriais e artesanais en competencia co urbanismo masivo na beira litoral. Tratar sobre as consecuencias do impacto humano no ecosistema da ría é complicado por extenso e por estar interrelacionado con moitos outros factores (tamén complexos), como o social, o económico, etc. Por este motivo a PDR non pretende asumir a totalidade da problemática que afecta a ría nin realizar unha análise profunda e exhaustiva, mais ben ten a pretensión de aportar á cidadanía información dos puntos mais conflictivos en materia de contaminación e deterioro do medio (nestes tempos están de actualidade), e así concienciar e fomentar a crítica constructiva que é o principal estímulo para unha demanda social de mellora do medio ambiente.
Aínda que nos dez últimos anos se ten feito un grande investimento no saneamento integral da costa galega, seguen existindo de contínuo, verteduras de augas sen depurar. Como consecuencia destas deficiencias, demandado pola PDR e diversos colectivos sociais, o día 13 de Febreiro do ano que andamos a ría de Vigo, (antes que a do Burgo e Ferrol) foi visitada por unha Delegación Oficial da UE co obxectivo de elaborar un informe sobre o estado das augas e así deseñar estratexias que conduzan á solución definitiva destas deficiencias para acadar unha ría saneada.
Alfredo Fernandez Ata hai ben pouco os factores económicos eran os únicos que se consideraban á hora de planificar os usos da ría, pero últimamente desde a propia sociedade está medrando considerablemente unha conciencia que valora a preservación do medio ambiente, a calidade de vida, a salubridade do entorno e o desenvolvemento sostible, é dicir, a xestión non indiscriminada dos recursos que é garante do seu futuro.
A sociedade debe ser consciente da importancia que ten a actuación da cidadanía a título individual ou desde os colectivos e asociacións no proceso de denuncia de delitos ecolóxicos á hora de esixir das administracións a rigorosa aplicación da lexislación medioambiental na regulación de sancións e inspeccións, e erradicar dunha vez o extendido pensamento dos infractores de impunidade fronte o delito ecolóxico. A denuncia social é un paso imprescindible nesta cadea de cambio.