Como consecuencia da sentencia da Audiencia Nacional do 04/12/2017 da Sección 8ª da Sala de lo Contencioso-Administrativo que anulou o DEUP do Porto de Vigo de 2015, a Autoridade Portuaria de Vigo vese obrigada a iniciar un novo proceso.
A Autoridade Portuaria de Vigo está elaborando documentos nos que se proxectan novos aterramentos na ría de Vigo, os efectos dos anteriores sobre la dinámica litoral foron nefastos para os bancos marisqueiros e pesqueiros por mor da acumulación de terras nos fondos mariños e influindo no desprazamento dos areais. A excusa da Autoridade Portuaria é a suposta necesidade de conseguir máis superficie para desenvolver a actividade portuaria, obras éstas que afectarían negativamente os sectores do mar (pesca artesanal, marisqueo, mexilloeiros, ou espazos protexidos (Ensenada de San Simón, Parque nacional Illas atlánticas “Cíes” etc), turismo e calidade ambiental cando por outra banda cederonse terreos portuarios para actividades que non teñen relación con esta actividade (almacéns, industrias externas..) incumplindo as normativas de aplicación Ley de Costas, Lei de Protección da Paisaxe de Galicia entre outras.
Os terreos gañados ó mar na liña costeira dos concellos da Ría de Vigo, superan xa los 4,5 millóns de metros cuadrados dos que en Vigo son 3,2 millóns, todos programados para a construcción e crecemento do porto de Vigo e destes máis de 1 millón están integrados na trama urbana porque foron vendidos, edificados para usos privados ou cedidos para usos que nada teñen que ver coa actividade portuaria.
A proposta da Autoridade Portuaria é a ocupación de lámina de agua con aterrados cara o interior da ría de 200.000 m2, o máis perxudicial e depredador para o medio ambiente cando do que se trata é de explotar os recursos naturais de forma racional e sostible. Este modelo de enxeñería non ten sentido cando existen solucións que non danan nin obstaculizan a dinámica das correntes mariñas pero lamentablemente a Autoridad Portuaria non mostra respecto nin interese na protección dun medio tan singular coma a ría de Vigo que debería ser un modelo de conservación e potenciación dos recursos mariños e da economía que deles se deriva dada a súa excelencia. Para que o porto de Vigo sega sendo competitivo e poida mellorar, non é preciso seguir ocupando a lámina de agua, é necesario poñer en funcionamento o porto seco de Salvaterra-As Neves con ferrocarril que axilice o tránsito de mercadorías, que potencie o desenvolvemento industrial da provincia conectando os demáis polígonos do interior e modernizando a liña que nos conecta con Ourense polo Miño.
PDRV “CIES” non se opón ao progreso sostible do puerto pero sí a cualquera industria contaminante ou recheo. Antes de optar por ampliar a superficie portuaria é preciso optimizala eliminando industrias, almacéns, restaurantes, oficinas, salas de exposicións…etc, actividades que se deben desenvolver nos espazos ou políogonos acondicionados fóra da beira litoral xa que por causa desta práctica depredadora lévanse perdido os mellores bancos marisqueiros e de pesca causando a perda de millares de postos de traballo e un dano irreversible.
Tamén se contempla a creación de áreas para desguace e reciclado de buques, unha actividade altamente contaminante que incumpliría las Normativas que las regulan.
Toda a ría éun espazo incompatible con actividades que conlevan un alto risco de contaminación, xa que a hidrodinámica anula cualquera distancia dos bancos marisqueros, pesqueros, parques de bateas, ou das zonas protexidas (ensenada de San Simón, Costa da Vela, Parque Nacional Illas Atlánticas, etc.) quedando así expuestas todas por igual, ben próximas, ben lonxanas.
A evolución do cambio climático e os seus efectos devastadores debe obrigar a ser más cautelosos e protectores nas áreas con algún grado de protección coma o LIC (ZEC Ensenada de San Simón), dentro de la Rede Natura 2.000, así coma o Parque Nacional Illas Atlánticas, en tramitación para su declaración como Patrimonio da Humanidade. Toda a ría coa súa extraordinaria biodiversidade e fecundidade facilitou os asentamientos humanos ao seu redor contribuindo ao desenvolvemento económico, social e cultural dos seus habitantes.