No event in the calendar
December 2017
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

REFORMA DA LEI DE COSTAS

UNHA REFORMA DA LEI DE COSTAS PARA LEGALIZAR E PRIBATIZAR A USURPACIÓN DE TERREOS GAÑADOS AO MAR.

Unha reforma que deturpa e confunde os aterramentos e construcións nos areais e lámina de auga en todo o Estado Español. cos núcleo tradicionaes.

 

 

A Plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo "CÍES" quere manifestar públicamente o mais enerxico rexeitamento á reforma da Lei de Costas aprobada o pasado día 9 de maio.

 

As razóns son multiples e variadas pero queremos constatar especialmente que a posta en marcha dunha lei concebida para protexer o medio ambiente non pode significar un retorceso das políticas protectoras adoptadas con anterioridade para o litoral galego.

Esta lei recentemente aprobada supón unha grave discriminación, que abre portas á privatización de terreos de Dominio Público Marítimo Terrestre.

É unha lei que non aporta solucións ós problemas reais dos núcleos de povoación xa que existe unha grande presión urbanística soportada na primeira liña de costa consecuencia dunha desmedida especulación inmobiliaria, así como o emprazamento de actividades industriais altamente contaminante, que vén sucedendose nos ultimos 30 anos dun xeito progresivo e continuado co consentimento das distintas administracións, tendo como resultado unha grave e agresiva degradación do territorio do Estado Español e particularmente das Rías Galegas. Por esta causa, nas nosas Rías veñense dando múltiples problemas medioambientais, que son examinados e denunciados pola comunidade científica, sempre referidos á perda de biodiversidade, á contaminación por tóxicos (causa de mortandade masiva na fauna e problemas na saúde da poboación), deterioro progresivo da calidade do medio (cos conseguintes perxuizos para a saúde dos habitantes), diminución do interese turístico polo impacto paisaxistico causado por urbanizacións e industrias. O resultado final sempre é a perda de miles de postos de traballo vencellados ás actividades extractivas artesanais, turísticas, calidade de vida, etc.

Por todo o anteriormente exposto, por ser unha Lei que non aporta os niveis de protección requridos ao noso medio ambiente, por ser unha lei retrógrada e inxusta que desprotexe o litoral, por ser unha lei que fomenta a privatización dos terreos de Dominio Público Marítimo Terrestre e por ser unha lei que acrecenta gravemente os problemas costeiros deribados da presión urbanística, que fomenta e acrecenta a especulación nos terreos da primeira liña costeira en detrimento do benestar de toda a poboación, a Platafoma Pola Defensa da Ría de Vigo "CÍES" maniféstase en contra desta Lei de Costas e fai un chamamento ao conxunto da sociedade galega para esixir da Xunta de Galicia que reclame ao Goberno do Estado español a inmediata retirada da citada reforma da Lei de Costas.

Vigo maio de 2.013