No event in the calendar
February 2018
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28

UN USO E TRATAMENTO SUSTENTABLE DA AUGA, COUSA DE TODOS.

 

UN USO E TRATAMENTO SUSTENTABLE DA AUGA, COUSA DE TODOS.

Porque un uso e tratamento das augas e cousa de todos?. Nos últimos anos e de forma continuada vénse mostrando unha constante merma dos recursos hidrolóxicos por mor do cambio de clima global sen que a cidadanía obteña resposta en forma de acción ou previsión por parte das distintas administracións, estando pois imposibilitada de colaborar no uso e consumo ecolóxico, eficiente e sustentable da auga.

 

A auga nas súas diferentes formas e estados é un dos únicos elementos fundamentais común a tódalas formas de vida coñecidas e que o ser humano sempre utilizou, entre eles a auga da chuvia. Aínda que a FAO (Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación) pon de relevo que no século XX o consumo da iauga ten medrado a un ritmo dúas veces superior ao da poboación mundial, a pesares deste risco nada significativo se ten feito a este respecto para evitar as nefastas consecuencias do uso irresponsable da mesma. É precisamente a principios do século XX cando se comenza a canalizar a iauga para ser subministrada directamente ós puntos de consumo e se deixan de utilizar masivamente os alxibes e outros sistemas de recollida e reserva de augas pluviais que era o sistema empregado dende a orixe das civilizacións a excepción dos países do terceiro mundo onde por razóns de pobreza económica e hostilidade climática seguen utilizando estes sistemas primitivos de recollida e almacenamento. Sabemos que na actualidade o consumo de auga potable por habitante e día nos países máis desenvolvidos chega aos 1000 litros día, sen contar o gasto por consumo agrícola que vén sendo o 70% do consumo total da iauga (en zonas en desenvolvemento pode acadar o 90%).

Non toda a iauga que se consume ten que ser tratada. A maior parte da iauga que utilizamos non ten por qué ser potabilizada xa que en lavadoras, descargas de inodoros, limpeza de rúas, rega de xardíns, extinción de incendios, etc, se pode utilizar a iauga da chuvia tal como se precipita o que nos aportaría unha reducción no consumo da auga potabilizada de aproximadamente un 45% pois se estima que so o gasto en descargas de inodoros supón o 40% do gasto total en calquera vivenda.

Conciencia ecolóxica. Paradóxicamente destacan en conciencia ecolóxica países do centro e norte de Europa onde non teñen precisamente unha necesidade perentoria de control dos recursos hídricos. Estes países adoptaron medidas de protección e teñen en funcionamento sistemas de aproveitamento das augas pluviais dos tellados dos edificios a través dos propios canelóns e baixantes ata un depósito que con un simple filtro de partículas, rebosadeiro e unha bomba de impulsión subministra o circuito de sanitarios para os que non é necesario auga tratada e, ademáis, penalizan o consumo de auga potable con prezos por m3 significativamente superiores aos nosos.

Aforrar auga é mellorar os caudais ecolóxicos. Como é sabido a auga da chuvia que cae nas zonas terrestres, filtrase ata as capas freáticas do subsolo onde se forman grandes reservas, toman forma de ríos ou lagoas que logo se se rompen ou debilitan as capas que a contén volven á superficie e se incorporan nos rios, lagos…. volvendo ó mar e mantendo así o equilibrio no ciclo da auga.

Os proxectos de enxeñería para a depuración de augas residuais urbanas (EDAR) teñen como obxectivo a completa depuración, tanto que na incorporación de volta ó medio ambiente se califica de “inocua”. Pois ben, de ser así, porqué non se reutilizan esas augas para baldeo de rúas, rega de xardíns, reserva contraincendios......e non alteramos tan gravemente o ciclo natural?.

Viabilidade destes sistemas de aforro de auga.

Anque teñamos aprendido que nos últimos anos o cambio climático nos afectou dun xeito elocuente e teñamos feito conciencia de que hai que facer un uso responsable da iauga, non debemos seguir afrontando a solución do serio problema que se nos presenta coa mentalidade económica do mínimo investimento senón co da sustentabilidade. É preciso moderar o consumo da iauga e para iso será preciso unha importante campaña de reeducación poboacional ademáis das medidas estructurais que se adopten.

Por qué a recollida de auga pluviais dos tellados en vivendas ou industrias?:

Autoabastecemento dunha voa parte do consumo a mínimo ou cero custe.

Redución da demanda na rede pública.

Protección das reservas, en orixe, para afrontar casos de escaseza.

Aforro enerxético nos bombeos de subministro ( electricidade).

Mellor funcionamento da depuración ao non verter no saneamento parte das augas pluviais.

Recuperación dos acuíferos.

É por tanto o obxectivo principal desta proposta manter a auga na súa orixe, encoros e mananciais, conseguindo así ter reservas para afrontar períodos de seca sen alterar os recursos hídricos que necesita a propia natureza. Compre pois establecer un protocolo de recollida e almacenamento con proporcións acaidas para o dimensionado de tanques de uso público e privado para rega de xardíns urbanos, en vivendas, industrias, portos, piscinas, fontes ornamentais e moitas outras necesidades que non precisen tratamento de potabilización.

É por tanto necesario adoptar medidas nos aspectos seguintes:

1º.- Que a Xunta de Galicia proceda a modificación da Lei de augas de Galicia nos seus Artigos 2, Artigo 45. Artigo 47. Artigo 53 e todos aqueles que sexan necesario para fomentar o aproveitamento das augas pluviais, de xeito gratuíto, tendo como punto de recollida os tellados das vivendas, edificios públicos e outras actividades, cando estas sexan para o autoconsumo.

2º.- Que se incorpore as normas de habitabilidade, normas urbanísticas e mesmo no Código técnico da Edificación o apartado correspondente que obrigue á instalación mínima necesaria para a redución do consumo de auga e aproveitamento das augas pluviais e reutilizables sen necesidade de tratamento. Aos gobernos autonómicos e concellos a xestionar axudas destinadas a subvencionar as obras de instalación de sistemas de aproveitamento de augas pluviais nos edificios en xeral.

3º.- Que o custe da auga dos sistema público de abastecemento aos cidadáns sexa por os consumos reais.

4º.- Que as administracións, Concellos, Portos do Estado, Portos de Galicia fagan un aproveitamento das augas unha vez tratadas polas EDARS para baldeo de rúas, rega de xardíns, fontes ornamentais con circuítos pechados, ou calquera outro uso compatible. De igual xeito aproveitar, (utilizando as cubertas dos edificios públicos e o ambalsamento), as augas da chuvia en puntos estratéxicos e ser transportadas para a súa utilización en camións cisternas de baldeo, alí a onde non sexa posible chegar con pequenas instalacións de canalización.

5º.- continuar e incrementar campañas de divulgación e concienciación cidadá para que realmente poidamos afrontalo problema e se poidan garantir os subministros futuros ao tempo que se mantén o equilibro na natureza.

6º.- que os concellos aproven estas propostas en forma de moción e dean traslado ao Presidente da Xunta, Parlamento Galego e grupos políticos con representación no Parlamento de Galicia, para que poñan en marcha e axilicen a tramitación das iniciativas parlamentares, para introducir as modificacións lexislativas correspondentes que permitan e fomenten a utilización e consumo das augas pluviais e reutilizables.