No event in the calendar
October 2017
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

A renovación da auga na Ría de Vigo

ria de vigo
imaxe de salvemosmonteferro.org

Xa vamos falando nos últimos artigos do comportamento da auga na ría de Vigo, neste artigo, queremos profundizar un pouco máis, sen entrar no máis técnico de todo-los estudos que a día de hoxe xa existen sobre a hidrodinámica da ría, si que queremos dende a plataforma, achegarvos algúns datos que explican dun sinxelo xeito como se moven, cando e canto, as augas da ría de Vigo.

 

Vaiamos por quendas:

¿Qué produce o movemento de augas na ría?

Hai varios factores, que non ordearemos por importancia, dado que nos distintos sectores da ría o poder predominante de cada un deles tornase distinto, o primeiro, os ventos. Os ventos de compoñente norte, o Norte (N), o Nordés, ventos do Cantábrico (NE, NNE, ENE), e o Noroeste (NO, NNO) 1, son una das causas.

Outra causa, a marea, con máis influencia nas zonas media e externa da ría que na enseada de San Simón, que oscila entre 2 e 4 metros de variación na altura do mar.

As correntes oceánicas e os afloramentos/afundimentos de auga dos que xa falamos nun artigo anterior, que afectan maiormente tamén nas zonas máis externas.

O aporte fluvial de auga doce, sobre todo do conxunto Verdugo-Oitavén (Os dous principais ríos que aportan augas doces á ría, moi por riba dos aportes dos pequenos ríos vigueses, de Moaña e Cangas.

¿Onde se produce o movemento de auga?

Para iso debemos separar a ría en tres segmentos, o interior, ate Rande e que recolle toda a enseada de San Simón, onde os principais causantes son a marea e o aporte fluvial do complexo Verdugo-Oitavén. O medio, entre Rande e a liña Borneira (Cangas) Cabo do Mar (Alcabre-Vigo) onde os causantes dos movementos mesturanse e gradualmente se transforman duns a outros. O segmento externo, dende a última liña mencionada ate As Cíes, onde os causantes principais son os ventos e o afloramento/afundimento provinte de correntes oceánicas.

Debemos facer un un derradeiro aditamento ás causas do movemento hídrico na ría, a súa morfoloxía xeolóxica, xa que por fora das Illas Cíes, a profundidade medra dun xeito case logarítmico, onde a poucos metros da costa a profundidade cae por embaixo dos 100 m , dada esta diferencia de profundidade, é fácil para calquera imaxinar o cambio de velocidade nas augas (isto afecta ao tempo de renovación da auga na ría).

¿Como se produce o movemento?

De novo vémonos na obriga de considerar a ría coma sectores separados, que expliquen o xeito no que a auga vaise movendo.

No sector interno, na enseada de San Simón, a súa altura media de 3,20 m de profundidade, e entre ¼ e 1/3 da auga e removida polas mareas, a pesar de ser o sitio de menos variabilidade, é onde se forma una corrente máis rápida, débido a diferencia de altura media entre a enseada e o sector colindante, o de Rande – Borneira, unha sinxela operación de cálculo dinos que para volúmenes iguais de auga, se o espacio da entrada a enseada é máis pequeño, obriga a auga a entrar máis rápido, (coñecidas son as correntes baixo a ponte de Rande, onde , aos poucos metros, a profundidade pasa de 27 m a 14 m), para rematar esta “treboada” perfeta, o aporte dos ríos Verdugo e Oitavén fan que chegue á ría un volumen de preto de 20.000 litros por segundo de valor medio.

No sector intermedio, comezan a sentirse os ventos no sentido do seu eixo lonxitudinal, e as consecuencias de afloramentos e mareas fanse sentir dun xeito máis vivo, do mesmo xeito, comeza a darse o movemento estratificado da columna de auga, que para que nos entendamos os non expertos ven sendo: “mentres unha parte da auga entra pola parte inferior, outra sae pola parte superior”.

Sen dúbida, o sector externo da ría, dende a liña Borneira cabo de Mar, ate as Illas, é a máis activa, cando os ventos de compoñente Norte barren a costa, unha columna de auga entra por cabo Home, na súa total profundidade, e parte de dela, sae pola bocana sur, mentres, pola sur, entra por profundidade auga limpa e chea de nutrientes. Cando os ventos veñen do sur, toda a auga entra pola bocana sur, saíndo unha parte dela pola bocana norte, de novo en toda a súa profundidade.

Estes distintos comportamentos das zonas da ría, provocan que non sexa sinxelo saber canto tarda en renovarse as augas, podemos dicir sen medo que na bocana norte da ría, hai zonas cuxa auga cambia no mesmo día, e se os ventos o permiten, ate en varias ocasións, en cambio, no interior da ría, hai longos períodos nos que as as augas non son renovadas, e isto , amigos, vese agudizado pola costrucción de peiraos e diques, e aínda así, seguimos a construílos,

A renovación, o tempo de permanencia:

A modo de conclusión, a ría fai o seu traballo, cun tempo medio de 3 días en pequenas zonas (Monteferro, Subrido, Home, Punta de Barra), e con máis dun mes nalgunhas zonas da Enseada de San Simón, pero e nós, ¿facemos nós o noso traballo?, a renovación da auga e o tempo medio de permanencia atópase na ría entre unha e catro semanas, pero o futuro, o noso futuro, depende de que en cada nova construción se calculen correctamente estes tempos, (xo fai falla unha proba sinxela e relativmente económica como introducir trazadores na zona para comprobar), para non perxudicar esta renovación que é clave na riqueza da nosa ría.