No event in the calendar
December 2017
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

A riqueza arqueolóxica submariña da ría de vigo.

batalla de rande

Durante os últimos días, e debido as nosas publicacións, algún usuarios preguntannos pola riqueza arqueolóxica da ría de vigo, e debido a iso, publicamos este artigo donde poderedes coñecer algúns dos puntos donde se aloxan pecios e restos de interese arqueolóxico.

 

O primeiro que hai que explicar ven resumido nunha frase moi coñecida , “non o fagades na casa sen a supervisión dun adulto”, que noutras palabras máis explícitas ven sendo:

Na ría non hai restos de pecios de interese económico na súa extración, son restos de grande riqueza e interese arqueolóxico, pero dende logo, o tempo dos piratas submariños pasou de longo, e deseguido o entenderedes.

Dende Xulio Verne, ¿ou non?

De todos é coñecida a pasaxe do libro “vinte mil leguas de viaxe submariña” do escritor frances, que adica un episodio a visitar os fondos da nosa ría na súa flamante invención “Nautilus”, onde os seus colaboradores expolian os galeóns afundidos durante a histórica batalla de rande, extraendo moedas para financiar a súa filantropía noutros lugares.

Fora da vertixinosa imaxinación do escritor, a realidade e moito máis rica no cultura, e menos no pecuniario, non só da batalla de Rande vive o imaxinario dos arqueólogos submariños, entre outras cousas, por que hai barcos de épocas anteriores.

Sorprende de momento, que aquí, en Galicia, co noso xeito particular de valorar o turismo, non fagamos alarde nin explotación dos numeros puntos que na ría se poden visitar para ver pecios , por iso, fagamos un percorrido pola ría dende a súa entrada sur, aló polos farallóns entre as Estelas e Silleiro para coñecermos o seus segredos escondidos, subide a nosa nave, que no noso imaxinario chamaremos “O Irmandiño” para percorrer algúns deses segredos.

Se O Irmandiño entrase pola bocana sur da ría, atoparíase de entrada cun problema, non naufragar, e pasar entre A Negra e A agoeira para non caer nos baixos dos farallóns, ou as cercanías das Estelas, alí está a maior concentración de naufraxios da ría (exceptuando os fondos de rande con 14 galeóns), alí, nos farallóns descansa o mercante italiano Antártico, e nas estelas o YVI, pero non só eles, outros moitos, algúns a escasos 7 ou 8 metros, pero amigos, deixemos que O Irmandiño vaia adentrándose na nosa ría , e descubriremos ao chegar a Cabo do Mar, donde agora se alza o Museo do Mar, restos de anforas romanas, típicas da época da colonización romana de Iberia, e donde agora está barreras, os seus fondos ensinaran aos nosos ollos máis destes restos, ánforas e cerámica romana. E de ahí, cara rande, pero só como para coñecer a Illa de San Simón, hospital, cárcere e leprosería de antano, lugar da máis internacional das nosas batallas, pero onde non poderemos ver ningún deses galeóns agora asolagados por metros de lodos.

Agora O Irmandiño pon proa a Cangas, lugar de multitude de afundimentos dende a época bereber, e concretamente ao faro da borneira, con algúns canons que se poden atopar a menos de 10 metros de profundidade, un dos últimos afloramentos de pecios históricos. Máis aló, no cabo do Home, a saída norte da ría, atopamos un barco cheo de porcelana , afundido nas barras rochosas que o cabo ten diante.

Estes son, compañeiros so algúns dos segredos dos fondos da ría, e aínda que o último non está na ría, queremos cerrar este artigo falando do descubrimento de algún que outro torpedo no entorno do faro de Mourisca , en Bueu, sen dúbida nos recorda a cantidade de U-Boot (submariños nazis) que surcaron as nosas augas durante a 2ª guerra mundial.

Xa vedes, na nosa ría faenamos e comemos dela, navegamos e disfrutamos dela, agora sabedes tamén que baixo a súa superficie, podemos bucear e disfrutar dela tamén