Ante os continuos vertidos contaminados que se están facendo á ría así como as queixas que nos fan chegar veciños de diversas zonas sobre os continuos vertidos de augas residuais en diversos puntos da costa viguesa, fixemos unha visita de recoñecemento e comprobación e puidemos observar in situ cómo se seguen producindo verteduras de augas residuais á ría de Vigo dende os colectores do saneamento municipal, directamente, sen o tratamento de depuración ao que está obrigado o Concello, que de forma continua e reiterada vén incumprindo a Directiva Marco da Auga así coma a resolución do expediente da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo sobre a contaminación da Ría de Vigo. Os puntos onde se producen estes vertidos contaminantes son: perpendicular á rúa Colón, perpendicular á rúa Coruña, exterior da escollera do recheo de Bouzas e Alcabre, o que nos fai supoñer que tamén o resto de aliviadoiros están vertendo augas residuais sen depurar. A este respecto xa presentamos as correspondentes denuncias no concello. No órgano de Control de Vertidos Xunta de Galicia, e presentaremos dosier dos feitos a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo. A todos eles demandemos:
-Sexan adoptadas con urxencia as medidas, obras e actuacións necesarias para que todas as augas contaminadas sexan conducidas dun xeito eficiente á EDAR para o seu tratamento e depuración.
Achegase fotos da zona onde se producen os vertidos contaminantes.