A RÍA DE VIGO E CONTORNA, ESPAZO SOCIO-ECONÓMICO DE INVESTIGACIÓN CIENTIFICA. E UN LABORATORIO NA CASA
No acto celebrado o día 12 de Decembro no salón de actos da facultade de Ciencias do Mar na Universidade de Vigo, tanto os relatores como os asistentes coincidiron na necesidade de facer unha análise sobre a saúde da ría, as súas necesidades e sobre a posibilidade de considerala unha contorna única, como espazo socio económico e de investigación.
O Reitor da Universidade de Vigo D. Salustiano Mato falou do compromiso que ten a Institución que representa e a da Comunidade educativa con todo o relacionado co mundo do mar, especialmente coa ría de Vigo, que considera un ecosistema único.
Fixo un chamado, por ser unha necesidade vital, á colaboración entre todas as institucións dedicadas ó estudo e investigación do sistema mariño así como ós axentes sociais coa idea de preservar a ría para futuras xeracións e evitar que se convirta nun polígono de parcelas particulares. Neste senso puxo de manifesto a iniciativa para a creación e posta en marcha do Campus do Mar, onde considera que é posible tratar en común todas as problemáticas e posibles solucións para a conservación e protección da ría de Vigo.
O Presidente da PDRV Serxio Regueira expuso o labor da Plataforma “CÍES” salientando que en 20 anos de vida foi humilde pero firme nos postulados dos seus principios, que non son outros mais que os da cidadanía e que están baseados en catro piares básicos:
O científico e investigador Ricardo Prego na súa exposición, define a ría como un laboratorio na casa, unha contorna que sen grandes desprazamentos nos aporta e pon ó noso dispor inxentes elementos naturais de análise, información da súa evolución e comportamentos, así como unha importante contorna económico-social grazas á súa capacidade natural productiva e de rexeneración.
Como final do seu relatorio e con intención de provocar o debate na asistencia fixo as seguintes reflexións en forma de pregunta : Que coñecemento temos do presente da ría?, Coñecemos as necesidades?, Que futuro queremos para a ría e a súa contorna?.
Durante o debate puxose de manifesto a coincidencia na apreciación de que a situación da ría respecto á contaminación e degradación débese ós incumprimentos sistemáticos das Normativas. Que o saneamento integral da ría será imposible mentres non se fagan as redes separativas de augas pluviais e fecais e industriais.
Os investigadores participantes coincidiron na necesidade de elaborar un método de traballo cara o futuro no que prime a coordinación na investigación e a colaboración para defender a ría. Este método suporía un importante aforro económico–social e uns resultados mais contrastados que facilitarían a planificación por zonas, pero con visión de conxunto, polo que o Reitor recunca que o marco adecuado debe ser o Campus do Mar.