No event in the calendar
December 2017
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

ENTREVISTA CO NOVO PRESIDENTE DA AUTORIDADE PORTUARIA DE VIGO

Na entrevista mantida co novo presidente da Autoridade Portuaria, o Sr. Lopez Veiga, puxemos de manifesto que a A plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo “CÍES” vén traballando dende hai mais de 30 anos na procura do saneamento integral da Ría de Vigo e a súa contorna. Somos conscientes das dificultades que esta labor supón, pero cremos que merece a pena facer o posible para deixar ás xeracións futuras unha ría ambientalmente recuperada, en condicións mellores que as actuais.

 

 

Ó longo da nosa andaina como plataforma en defensa da ría de Vigo, fixemos múltiples reclamacións en materia de saneamento para a ría perante as Administracións públicas, entre outras, a demanda da instalación de colectores de marxe de ría e as infraestruturas axeitadas de depuración. Actualmente á marxe das sempre eternas reivindicacións de mellora da calidade das aughas, tamén estamos facendo un labor de concienciación para a protecciópn do medio ambiente en centros de ensino primario, Institutos, asociacións veciñais, confrarías de pescadores así como á cidadanía en xeral, por iso editamos folletos informativos e temos editado o libro “A RÍA DE VIGO Impacto da actividade humana, xestión sostible e conservación ambiental” que coa colaboración de investigadores do IIM de Vigo, IEO ou Uvigo, resulta un traballo de divulgación do funcionamento da ría e a relación coa nosa contorna e con isto pretendemos fomentar o respecto por ela.

Todo este traballo ten significado un gran esforzo de participación humana e un importante custe económico para a discreta economía da plataforma, pero o noso obxectivo é seguir traballando nesta mesma liña. Así o temos manifestado na entrevista mantida co presidente da autoridade portuaria, expuxémoslle a importancia do porto como elemento contaminante e a relación que ten coa labor que estamos desenvolvendo para de seguido concluir que debemos traballar conxuntamente na protección e conservación da ría.

Por tanto:

- O porto, non se pode entender como algo illado, nin ligado a cidade de Vigo.

- O porto de Vigo pode e debe ser un motor económico da cidade e comarca.

- Os portos deben ser concebidos únicamente como plataformas de trafego de mercadorías que deban transportarse por vía marítima e de actividades que precisen deste medio (a pesca, construcción naval, autopista do mar) que deberán dar comprimento das medidas exixidas por lei en materia de protección de medio ambiente e tratamento de residuos.

- É imprescindible que os portos, neste caso o de Vigo, conte coas comunicacións terrestres adecuadas ás necesidades do transporte, (ferrocarril, plisan), onde existan instalacións adecuadas para o almacenamento, transformación e distribución de mercadorias. Hai que libera-lo porto da actividade industrial que poida ser exercida en polígonos industriais lonxe do borde marítimo.

- É urxente rexenera-los bancos marisqueiros, a paisaxe e a calidade das augas para que a actividade extractiva e a actividade turística segan proporcionando o medio de vida de millares de familias.

- É preciso poñe-los medios adecuados e tomar medidas urxentes en materia de recollida de lixo e refugallos procedentes da actividade pesqueira, das verteduras da propia plataforma portuaria, dos trasatlánticos e barcos que fondean en Cíes, así como incentivar a recollida e tratamento en terra dos productos contaminantes que veñan nas redes de pesca.

- É preciso confinar a construcción naval onde sexa posible controlar os vertidos contaminados para que non saian á ría e obrigar a establecer mecanismos de protección.

- Coa nosa acción firme en defensa da ría de Vigo, temos impedido a instalación de Petrovigo, de mais aterramentos e procuramos perante a U.E que as augas residuais da cidade de Vigo e os demais concellos non vaian directamente ó mar sen depurar.

Non estamos en contra de todo por sistema, defendemos actividades ambientalmente sustentables sendo moi exixentes, insistentes e ata belixerantes con propostas de explotación e comerciais que poñan en perigo a saúde da ría. Quizáis con esta actitude contribuimos á implantación da autopista do mar, ou que se estean mellorando o sistema de depuración de augas fecais, aínda que non é o suficiente.