No event in the calendar
December 2017
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

A PLATAFORMA POLA DEFENSA DA RÍA DE VIGO "CÍES" , ESIXE A RETIRADA DA LEI DE ACUICULTURA DE GALICIA

 A Plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo “CÍES”, esixe a retirada da Lei de Acuicultura de Galicia.

Moción que se presentou aos concellos da Ría.

A Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar está a tramitar o Anteproxecto de Lei de Acuicultura de Galicia, sendo rexeitado dun xeito contundente polos diferentes sectores do mar e da cidadanía (mexilloeiros, mariscadores, pescadores, agrupacións ecoloxistas, etc.)

 

Ler máis...

ENTREVISTA CO NOVO PRESIDENTE DA AUTORIDADE PORTUARIA DE VIGO

Na entrevista mantida co novo presidente da Autoridade Portuaria, o Sr. Lopez Veiga, puxemos de manifesto que a A plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo “CÍES” vén traballando dende hai mais de 30 anos na procura do saneamento integral da Ría de Vigo e a súa contorna. Somos conscientes das dificultades que esta labor supón, pero cremos que merece a pena facer o posible para deixar ás xeracións futuras unha ría ambientalmente recuperada, en condicións mellores que as actuais.

 

Ler máis...

VINTE ANOS DE LOITA NA DEFENSA DA RÍA DE VIGO

 

MIL NOVECENTOS NOVENTA E TRES, ANO DE CONSTITUCIÓN DA (PDRVIGO), UN ANTES E UN DESPOIS NA DEFENSA DA RÍA DE VIGO.

Aínda que se levaba traballando cáseque un ano a Plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo “CÍES”, foi constituída legalmente no mes de outubro de 1.993 e foi inscrita no Rexistro Provincial de Asociacións o día 13/12/1993.

Ler máis...

QUE E A PLATAFORMA

 ORIXE DA PLATAFORMA

 A Plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo “CÍES” ten orixe cando o proxecto PETROVIGO pretendía instalar no recheo de Bouzas un gran depósito de combustible para logo abastecer os barcos en tránsito. A asemblea de constitución tivo lugar o día 21 de outubro de 1993 sendo inscrita definitivamente o 13 de decembro do mesmo ano co número 3062 e rexistro 42469. Nesta constitución participaron uns 60 colectivos de diferente índole: veciñais, productivos, extractivos, sociais, sindicais, comerciais, etc, pertencentes a todos os concellos da Ría de Vigo.

 

Ler máis...

Dereitos de autor

Sobre os nosos contidos:

Informamos a tódolos usuarios, que debido aos contidos mostrados neste sitio web, todo o que nel se mostra, está protexido polas leis de dereito de autor relacionadas na lei de propiedade intelectual vixente, e só naqueles casos mostrados específicamente nos artigos correspondente, se habilitará  una licenza creative commons by-nc-sa consistente no seguinte:

Aqueles artigos, imaxes, e demáis contido que así o comunique expresamente, os usuarios poderán utilizalo sempre comunicando que este sitio web e o autor do mesmo, poderá utilizalo con fins non comerciais, e deberá publicalo baixo unha licenza similar.