No event in the calendar
December 2017
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Lexislación europea de aplicación

LEXISLACIÓN EUROPEA:

 

Directiva Marco sobre a Auga), directiva 2000/60/CE, do Parlamento Europeo e do Consello, de 23 de outubro de 2000 polo que se establece o marco comunitario de actuación no ámbito da política de protección e xestión da auga.

 

Actos modificativos:

Decisión 2455/2001/CE. Entrada en vigor16/12/2001, DOL 331 de 15/12/2001.

directiva 2008/32/ CE. Entra en vigor 13/03/2008, DOL 81, de 20/03/2008.

Directiva 2009/31/ CE. Entra en vigor 25/06/2009, DOL 140, de 05/06/2009.

 

 

 

Esta Directiva de obrigado cumprimento en toda a C.E. establece un equilibrio sostible no uso da auga entre todos os axentes intervintes: Natureza, Ser humano, Fauna e flora ou Ecosistemas únicos. Un marco xurídico co obxectivo de garantir suficientes cantidades de auga de boa calidade en toda a C.E. Os seus principais obxectivos son:

a) Ampliar a protección de todas as augas superficiais continentais e costeiras e augas soterradas.

b) Prever o deterioro, mellorar e restaurar o estado das masas de auga e lograr o bo estado químico e ecolóxico no 2015.

c) Basear a xestión das augas nas bacías fluviais.

d) Reducir a contaminación debido ás verteduras e emisións de substancias perigosas.

e) Protexer, mellorar e restaurar a situación das augas soterradas, previr a súa contaminación e deterioro e garantir un equilibrio entre as captacións e a súa recuperación.

 

Directiva 2008/56/CE, do Parlamento europeo e do Consello, de 17 de xuño de 2008, pola que se establece un marco de acción comunitaria para a política do medio mariño.(Directiva marco sobre a estratexia mariña).

 

Actos conexos:

COM (2005) 504

COM (2002/539

Decisión 98/249/CE.

 

Directiva 2008/98/CE. Do Parlamento Europeo e do Consello de 19 de novembro de 2008 sobre residuos e polo que se derogan varias directivas.