No event in the calendar
October 2017
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

A MOBILIDADE, COMPROMISO MEDIO AMBIENTAL

 

A mobilidade, compromiso medio ambiental.

A mobilidade, (desprazamento de persoas e mercadorías), como un servizo público, de respecto ao medio e complemento á calidade de vida, debe ser unha prioridade das administracións e cidadáns.

 

No deseño de ordenación do territorio unha pata importante é a mobilidade das persoas e mercadorías. Neste deseño entrarían os transportes por camiño de ferro de media e longa distancia, (Eixo atlántico e vía Tui - Ourense) estrada, marítimo, (VigoMoaña – Cangas e praias) e aéreo, (conexión rápida coas estacións de bus, do tren e marítima. Importante porque en función deste deseño está a posibilidade de protección do medio ambiente, fixación de poboación no interior do territorio e limitación da presión sobre a costa. En definitiva, un desenrolo mais sustentable.

Esta modalidade de transporte colectivo como xa temos proposto ás diferentes administracións dende os anos 2000, pasaría por deseñar un plan a medio e longo prazo que contemple a conexión entre os distintos medios de transporte colectivo de pasaxeiros (terrestre, marítimo e aéreo) para o que habería que transformar as estacións do tren, os peiraos do transporte de ría e as estacións de autobús, en estacións intermodais con horarios coordinados que faciliten os transbordos e a viaxe sen demora.

Para que isto funcione é preciso:

Que as estacións dispoñan de acceso de bus e zonas de aparcadoiro para vehículos privados con custe cero ou, que este sexa soportable para os usuarios do transporte público.

Que dispoñan de puntos de información sobre as liñas do transporte urbano circulares así como a zonas específicas industriais de Vigo e da área metropolitana e implantación da tarxeta de transporte válida para calqueira medio

Que a cidadanía se implique no uso do transporte metropolitano, e así na reducción do uso do vehículo privado, por tanto na reducción das emisións de gases contaminantes.

De poñerse en práctica estas medidas así como a construcción de paradas de bus nos itinerarios convencionais fóra dos carrís de circulación, éstas darían un plus de axilidade ó tránsito de pasaxeiros, mais comodidade para os usuarios e unha considerable reducción de costes enerxéticos o que significaría unha importante contribución á reducción da contaminación ambiental da ría de Vigo.

As estratexias comerciais dirixidas unicamente ó consumismo ou privatizar os servizos públicos, ten consecuencias nefastas no ecosistema xa que os obxectivos comerciais non son mais que cifras económicas positivas na súa xestión, non a protección do medio. O crecimento indefinido á costa dos recursos naturais mais cedo que tarde levaranos ó caos, por iso é hora de reflexionar sobre o futuro que lle espera ás próximas xeracións se seguimos mantendo ideas encamiñadas ó fomento do transporte privado, e ó uso do automóbil por un só individuo xa que haberá que construir mais autoestradas ou ampliar a ponte de Rande con cifras astronómicas, cifras que estarían mellor empregadas en deseños de estratexias de implantación de poboación menos itinerante para que o interior do territorio non tivese necesidade de buscar o medio de vida e os servizos básicos nas zonas de alta concentración poboacional.

Desde a PDR avogamos polo sentido común e pedimos das Administracións públicas poñan os medios técnicos e económicos para poñer en marcha unha nova estratexia de transporte e mobilidade territorial que nos permita repoñer os níveis ambientais de calidade para que a ría de Vigo sega sendo a fonte de ingresos de millares de familias na contorna viguesa.

Sabemos que con vontade, compromiso e sentido común, podemos conseguilo.

Serxio Regueira

PDRVIGO”CÍES”