No event in the calendar
December 2017
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Metais pesados no entorno mariño da ría de Vigo

Os metais pesados coma o mercurio ou o cadmio son os principais contaminantes desta categoría, e afecta tanto ao entorno, coma aos peixes e as persoas.

Existes numerosos e contrastados estudos medioambientais, mesmo no noso libro, sobre os efectos dos metais pesados na ecoloxía do medio mariño, ditos contaminantes, aínda nunha pequena concentración teñen poderosos  efectos negativos sobre flora e fauna, e por mor da cadea trófica, tamén sobre o ser humano, esta na nosa mán,  e na dos lexisladores procurar que disminúan, e regular o seu uso e consumo.

Cando falamos de metais pesados, referímonos a certos elementos da táboa. períodica que cumplen con certas características, elementos de alta densidade, máis ou menos abondantes en función de cada un, os cales teñen una alta toxicidade, que desenrolan ou provocas todo tipo de efectos sobre animais e personas. Non son degradables, o que provocan que estarán dando voltas e máis voltas no noso entorno mariño, até que algún peixe o inxira, e a través do mesmo, se achegue a nosa dieta, pasando a formar parte de nos.

Os principais  metais que soen afectar a peixes do noso entorno son o Cadmio o Chumbo e o Mercurio (Cd, Pb e Hg na táboa periódica) con múltiples efectos sobre os animais e plantas da ría.
Para falarmos de contaminación por metais pesados debemos coñecer dous conceptos básicos, a bioacumulación e a biomagnifación, entendendo a bioacumulación coma a propiedade pola cal algúns animais ou plantas son máis subceptibles de aumentar a concentración de metais no seu organismo. E a biomagnificación, a propiedade ou regra pola que os depredadores destes recursos (animais ou plantas) aumentan esa mesma concentración, resumindo:
Hai certas especies na nosa ría máis susceptibles á acumulación destes metais, por exemplo, as algas e un dos nosos produtos estrela, o Mexilón, dúas das especies que máis mercurio poden acumular a través do paso de metal inorgánico a orgánico, coma metilmercurio, e logo, cando inxerimos eses recursos, por mor da biomagnificación, o noso organismo vai aumentando a concentración, de xeito que nós, as persoas, acumulamos máis mercurio que as nosas fontes.
E por iso que dende a plataforma pola defensa da ría facemos fincapé no uso moderado dos mesmos no desenrolo industrial, donde Vigo cobra un especial protagonismo, xa que ademais do tráfico, que xera grandes cantidades de chumbo provintes da combustión de combustibles (o Pb é un dos desfeitos da gasolina) concentrase na cidade olívica a maior industria de Galicia, astilleros, pinturas, plásticos e vidros procuran de seguido o aumento das concentracións de metais na ría, nos seguintes párrafos podedes ver cales son os principais contaminantes, e tamén cales son os seus efectos.
Pincipais contaminantes:
Hg  Mercurio, convirtense en metilmercurio ao pasar aos peixes e plantas, utilizado en vidros, e procesos de extracción.
Cd  Cadmio, acumulase principalmente nos osos dos animais, por iso a súa biomagnificación e menor, aínda así, existen estudos que relacionan o cadmio co cancro de próstata.
PB , chumbo, procedente da combustión de gasolinas, da elaboracion de pinturas, de vidros e algúns plásticos.
Principais animais afectados:
Especies da nosa ría acumulan sobre todo Hg no seu organismo, e moitas delas gozan de grande repercusión económica, as algas, os camaróns, o mexilón, xarda, e outras de fora da ría tamén comercializadas coma o bonito  e o peixe espada son algúns dos animais que acumulan mercurio.
Efectos sobre os peixes:
Menor calidade (a súa carne).
Maior oxidación, (viven menos tempo).
Afecta a súa productividade e a súa reproducción (tardan máis en crecer e en reproducirse).
Efectos sobre o ser humano:
Malformacións en fetos.
Perda de memoria.
Afectación a riles e osos.
Relacionados con algunhas clases de cancro.
Por iso dende cada ámbito, debemos ser conscientes do seu uso, certo é que o chumbo por exemplo e relativamente barato, por iso se usa para os chumbos de pesca, xa é hora de que todos os mariñeiros , profesionais e afecionados saiban que o uso dos mesmos e perxudicial paradóxicamente para a mesma actividades que realizan, cada vez que usan chumbo, tiran pedras no seu tellado, o día de maña, os memos peixes obxecto da súa actividade serán menos, máis pequenos e menor calidade.