No event in the calendar
December 2017
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

ATAQUE AO MEDIO AMBIENTE

A PESARES DE SEREN NEGADOS POLA CONCELLEIRA DE MEDIO AMBIENTE NO PLENO DA CORPORACIÓN MUNICIPAL MOAÑA, SEGUEN OS VERTIDOS NA COSTA DO CONCELLO.

 

 

A pesares dos argumentos e informes presentados no Pleno do concello do día 30 de xaneiro de 2.014, as verteduras sin depurar nos aliviadeiros procedentes da estacións de bombeo, que teñen a súa saída en diversa zonas de escolleira na costa do municipio, o día 31 de xaneiro vertian a cano cano libre. De tal situación demos coñecemento ao 112 ó Organismo da Xunta de Galicia responsable do bon estado das augas e tamén foron posto en coñecemento da concelleira de medio ambiente do concello de Moaña.

Estes vertidos, foron constatados ás 12,45 horas do dia 31 de xaneiro de 2.014, na escolleira do peirao de Meira e ás 16 horas no río Miñouba, Almacén, 14 horas mais tarde de teren sido negados pola concelleira responsable de medio ambiente no Pleno da corporación municipal de Moaña, a pesares de que estes atentados ao medio mariño acontecen a diario, como poden comprobar todos os veciños que a díario dedican algo de tempo a camiñar polos paseos marítimos. Os únicos que parecen non enterarse son os responsables das administracións.

Temos que recoñecer que nesta ocasión a actuación da policia municipal foi mui rápida pois 12 minutos despois do abiso estaba no lugar. Sin embargo se produxo un feito que é de resaltar, á mesma hora tamén estában no lugar os operarios de Acualia e acto seguido na estación de bombeo, ¿sería para ocultar o corpo do delito por si se fai unha inspección en condición?. ¿tamén se lle avisa á empresa para facer as inspeccións?. Poderá ser así ou non, pero non se pode negar que sospeitoso si é.

Si cando se denuncia algo, se lle abisa ao infractor, efectivamente será mui dificil facer un informe real do acontecido, porque antes de que cheguen os inspectores ao lugar do crimen xa o criminal ocultou todas as probas.

 

Vertido sen depurar escolleira Meira