No event in the calendar
December 2017
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

NOVOS VERTIDOS CONTAMINADOS Á RÍA

NOVOS VERTIDOS CONTAMINADOS Á RÍA DE VIGO, INCOMPETENCIA DAS ADMINISTRACIÓNS E INCUMPRIMENTO REITERADO DA DIRECTIVA MARCO EUROPEA DA AUGA.
 
 
A pesares de termos denunciado en diversas ocasións as verteduras directas de augas fecais á ría de Vigo, procedentes dos aliviedeiros, da rede de colectores de marxe de ría, no concello de Soutomaior. éstas séguense producindo a cotío sen o tratamento de depuración preceptivo.
Estes acontecementos, incomprensibles a día de hoxe, cáusannos fonda preocupación así como desconcerto ó comprobar que as administracións públicas, neste caso administración local, non responden ante semellantes atentados á calidade das augas da ría de Vigo da que depende o sustento de tantas familias que traballan no sector pesqueiro e extractivo. 

Sabemos que o Organismo ou empresa concesionaria da depuración das augas residuais son as responsables directas de tales atentados contra o medio natural, pero tamén que o concello de Soutomaior ten a obriga de facer cumprir o prego de condicións así como a de empregar os sistemas de control necesarios e a incoación dos expedientes disciplinarios pertinentes.

Todos os puntos de vertido teñen algo en común, o mal funcionamento, ou paralización, dos pozos de bombeo e así se pode comprobar nos aliviadeiros ao longo da costa Porto de Arcade, (xunto a EDAR), Praia Matilde, ao carón da Ponte Romana, EDAR de Soutomaior,etc, que levan meses vertendo directamente á ría e ao río as augas do saneamento sen tratamento de depuración.

 

 

Despois de terense feito importantes investimentos para o saneamento integral da ría de Vigo, como cidadáns responsables coa natureza, non podemos calar e mirar para outro lado por iso denunciamos enerxicamente ditas verteduras contaminantes nas que é partícipe, por omisión de funcións, o concello de Soutomaior, que tería que velar pola saúde dos seus cidadáns e pola economía de subsistencia das xentes do mar que depende da calidade das augas da ría.

Remarcamos a gran emeroteca sobre as diferentes denuncias presentadas por diversos colectivos e persoas ao longo dos ultimos anos, denuncias ante o 112, Augas de Galicia, Seprona ou na policia municipal, sin que se teña dado unha solución efectiva ao problema.

A este respecto temos presentado escrito no concello de Soutomaior SOLICITANDO do Sr. Alcalde como responsable máximo do concello e en cumprimento da Directiva Marco da Auga da UE, sexan adoptados os acordos e xestións oportunas aos efectos de:

a) Establecer un protocolo axeitado que permita aos departamentos do concello, responsables desta área, exercer un control efectivo do correcto funcionamento das estacións de bombeo e das EDARS.

b) Esixir ao Organismo ou empresa responsable do tratamento de augas residuais o cumprimento do servizo contratado e, dado o caso, como na actualidade, incoar os expedientes sancionadores que correspondan así como as demandas legais por incumprimento de contrato.

c) Desconectar da rede de alcantarillado as diversas conexións de augas pluviales e evitar que se volvan a conectar para diminuir a carga nos colectores de marxen de ría e mesmo das estacións de bombeo para rematar dunha vez coas verteduras contaminantes á nosa ría.

d) Se nos dea traslado das actuacións que se practiquen sobre os apartados anteriores.