No event in the calendar
December 2017
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

O MEDIO AMBIENTE NA RÍA DE VIGO EN PERIGO

O INFORME EUROPEO SOBRE O SANEAMENTO INTEGRAL DE RÍA, UN INFORME POLÍTICO, POLO TANTO UN FRACASO PREVISTO AO NON ADAPTARSE Á REALIDADE

 

 

A Plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo “CÍES” lamenta o resultado final do informe sobre o saneamento integral da ría de Vigo, un informe que non responde á realidade, un informe forzado polo partido político PP e apoiado polo PSOE por interese partidarios que supón unha flagrante traizón ás demandas da cidadanía, a inhibición diante dos delitos de contaminación denunciados, así como a imposibilidade de recuperación da economía productiva mariña, da calidade de vida e do medio ambiente.

O esperado do informe por esta Plataforma non era outra cousa que o refrexo da realidade sobre o estado e calidade das augas das rías galegas, neste caso o da ría de Vigo, para partir dun diagnóstico acertado que nos conducise ás solucións acaídas para evitar a contínua e imparable contaminación das augas. Semella que os deputados que nos representan están conformes con esta lamentable situación.

A nosa entidade PDRV “CIES” vén propoñendo desde hai tempo, actuacións concretas para solucionar a contaminación da ría, entre elas a construcción de redes separativas de augas pluviais cos tanques de tormenta necesarios (para pluviais) antes do seu vertido definitivo a ríos e rías, así como a adecuación das redes actuais en colectores específicos de fecais e industriais (estas con tratamento previo en orixe) ata as estacións EDARS.

Desde a PDRV “CIES” cos datos aportados pola comunidade científica de Vigo, insistimos en que as EDARS actuais de toda a ría, incluso a nova do Lagares, non serán a solución definitiva ó problema de contaminación xa que os millóns de metros cúbicos da auga que se poden xuntar nos colectores actuais nos días de chuvia, que deberían impulsar as estacións de bombeo, non poderán ser tratados con garantía de depuración. Insistimos en que o método utilizado polos responsables do tratamento das augas residuais de abrir as comportas das estacións de bombeo os días de chuvia para que vertan directamente á ría seguirá sendo o principal problema do deterioro constante da ría de Vigo e a causa da perda económica que infrinxe ás actividades pesqueiras. A contaminación da ría non é un problema exclusivo dos concellos de mais de 15.000 habitantes, é do conxunto urbano periférico que debe ser tratado sen diferencias territoriais para que as zonas ainda en bó estado onde se cultivan e se extraen os productos xeradores da economía e postos de traballo, non acaben tamén contaminadas e degradadas.

Cos datos científicos que manexamos, consideramos urxente a posta en marcha dun plan de saneamento integral da ría de Vigo no que entren en funcionamento colectores separativos, tanques de tormenta, tratamento previo de residuos industriais, funcionamento das EDARS cos ciclos completos así como a rexeneración e posta en valor dos espazos degradados pola contaminación.

Para contrastar calquer postura sobre a situación real da ría respecto da contaminación, propoñemos un debate público ao respecto.