No event in the calendar
December 2017
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

PLAN DE USOS E ESPAZOS PORTUARIOS DO PORTO DE MOAÑA

 

 

O ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA TEN INICADO O PROCESO DE TRÁMITACIÓN, DO PLAN DE USOS E ESPAZOS PORTUARIOS DO PORTO DE MOAÑA, UN DOCUMENTO DO QUE DEVERÍAN ESTAR DOTADOS TODOS OS ESPAZOS PORTUARIOS.

A Plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo "CÍES", despois de varias xuntanzas con diferentes colectivos sobre o comenzo da tramitación da Delimitación de espacios e usos portuarios no porto de Moaña, (PONTEVEDRA), entendemos que sopón unha boa nova, aínda que non a panacea é un paso importante e imprescindible para que os recintos portuarios funcionen como áreas eficientes á hora de cubrir as necesidades do sector do mar e ó mesmo tempo sexan compatibles coa trama urbana na que están inseridas.

 

Entendemos e así lle lo facemos saber aos responsables do Ente Público Portos de Galicia, coa presentación por rexistro de suxestións por entender que na planificación das dársenas portuarias deben ser tidos en consideración, fundamentalmente os seguntes temas:

Abrigo e peirao suficiente para a frota de pesca, mexilloeira, marisqueira, transporte marítimo de viaxeiros e naútico deportivo.

Espazos para carga, descarga e movemento das mercadorias procedentes destes sectores así como o subministro de combustibles.

Nunca destinar espazos portuarios para a instalación de naves industriais ou de actuvidades que se poidan desenvolver en calquer polígono de terra dentro.

Garantir a rexeneración e control dos fondos das dársenas portuarias para que funcionen de xeito natural e non se acumule area nas zonas de atraque como lle está acontecendo ao peirao de A Mosqueira por mor dun deseño que non contemplou a dinámica das correntes e arrastes de sedimentos.

Garantir, en exclusividade para este servicio, o espazo do peirao de transporte de ría en toda a súa amplitude anque compatible coa labor de subministro de combustibles, labores das redeiras e os seus servizos asociados. Tamén a reserva de aparcadoiros exclusivos para os usuarios do transporte marítimo de viaxeiros.

Conservar e mellorar os espazos existentes de uso público (aparcadoiros, xardíns, paseos peonis, etc).

Prohibir as edificacións que impidan a conexión visual co espazo marítimo na súa fronte e se teña en conta a harmonía co planeamento municipal.

En base ao anterior e, (con independencia da nosa participación posterior na fase de información pública), presentamos as seguintes suxestións por áreas e usos sinalizadas numericamente e que se reflicten no plano que se achega:

plano usos por sectores moaa12 deup moaa 10

1 – Facer unha barreira, (rompe ondas), de abrigo ao final do peirao de O Con protexendo así toda a darsena e mesmo a liña de atreque da cara exterior do peirao de A Mosqueira.

Sendo coherentes coas nosas observacións, propoñemos que a parte sumerxida sexa construída sobre pilotes para non interromper a dinámica litoral.

2 – Facer pases de auga no peirao de O Con, para que se rexenere a dársena portuaria. Con isto se evitaría a acumulación de area preto das zonas de atraque no interior do peirao da Mosqueira e os dragados, daríanos a posibilidade de retornar a area á zona do paseo de madeira, e a oportunidade de dispoñer de novas liñas de atraque mediante a instalación de pantaláns nunha zona perfectamente abrigada dos temporais.

3 e 4 – Áreas de servizo específicas para os sectores pesqueiro, marisqueiro e mexilloeiro con atraque de embarcacións, carga e descarga e movemento de productos do mar.

5 – Novo espazo complementar de aparcadoiro para os usuarios do transporte marítimo de viaxeiros para que funcione como, estación intermodal de transporte colectivo, combinación do transporte marítimo e terrestre.

6 –Deixar fóra dos espazos do porto o areal urbano e que se manteña o uso actual.

7 – Espazo exclusivo para o transporte marítimo de viaxeiros, con aparcadoiros para os usuarios deste transporte, (paradas bus ao comenzo do peirao), que posibilite unha estación intermodal co transporte colectivo de viaxeiros por estrada.

8 – Espazo exclusivo para a actividade das redeiras e os servizos complementarios desta actividade.

9 – Subministro de combustible.

10 - Náutico deportivo.

11- Aparcadoiro público, xardíns, paseo peonil e carril bici.

12- Viais de accesos, aparcadoiros, xardíns, paseo peonil e de vicicletas nas rúas Av. Concepción Arenal e Av. Jose Costa Alonso.

outono de 2.013