No event in the calendar
December 2017
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

EVOLUCIÓN AMBIENTAL DA RÍA DE VIGO

A IMPORTANCIA DO MEDIO AMBIENTE NA RÍA DE VIGO E A SÚA CONTORNA, FAI NECESARIO UN COMPROMISO SOCIAL DA CIDADANÍA ASÍ COMO ACTUACIÓNS CONCRETAS:

 

 

A Plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo “CÍES”, está levando a cabo actividades de divulgación, concienciación, protección e recuperación de zonas degradadas da contorna. A tal efecto celebrouse un acto cos alumnos de bacharelato no IES as Barxas, Moaña, sendo os temas tratados: Evolución ambiental da Ría de Vigo” e “Qué nos oculta a Ría de Vigo?”.

O relator Serxio Regueira presidente da PDRVIGO, tratando o primeiro tema, puxo de manifesto a evolución da ría en todas as vertentes: ocupación abusiva da lámina de auga por aterramentos que teñen incidido negativamente nos bancos marisqueiros, creación de zonas de retención de contaminación e o que supoñen como obstáculos á dinámica litoral (fundamental para o bo estado da ría). Incidiu na gran importancia dos recusos naturais na creación de postos de traballo grazas á extracción de ameixa, anguía, sardiña, choco, polbo, entre outros, e que por falla de programación dunha explotación sustentable xa se teñen reducido en mais dun 50%, os postos de traballo directos deste sector. Expuxo a necesidade de concienciación de toda a sociedade e as administracións públicas, porque todos somos necesarios para evitar unha maior contaminación así como a recuperación das zonas danadas.

O relator D. Ricardo Prego Reboredo que é, desde 1984 científico do Instituto de Investigacions Mariñas de Vigo-CSIC, especialista en Oceanografía Química, que ten participado en decenas de campañas oceanográficas por todo o mundo, autor de douscentos artigos científicos e varios libros, tratou o segundo tema e puxo de manifesto que coñecer a contorna permite tomar decisións correctas na protección da ría así como en catástrofes maiores. A ría agocha moitos aspectos pouco coñecidos algúns moi chamativos, por iso na súa exposición D. Ricardo buscou picar a curiosidade dos alumnos e así comprobar se son capaces de mirar todos os días un pouco mais alá. Explicou que a ría non existiu sempre, que a auga da ría e as súas marxes non existían hai 12.000 años, que era terra firme e que tamén desaparecerá debido a un proceso cíclico relacionado coas glaciacións e co nivel do mar, que a propia auga da ría tamén ten os seus segredos, ún deles que deben saber os rapaces é que regula a temperatura. En inverno a auga da ría actúa como calefactor e no verán como refrixerante, as diferenzas tamén son claras según en qué parte da ría esteamos pois algunhas veces hai cinco graos con respecto a Cangas ou Moaña. Os nutrientes da auga explican por qué as Rías Baixas teñen tanta riqueza pero a ría de Vigo tamén oculta contaminación nos seus sedimentos, sobre todo o chumbo na zona da enseada de San Simón e o cobre en todas as zonas portuarias. Esa é a principal pegada no sedimento, pero a contaminación ten moitas caras, xa que tamén sofre a contaminación biolóxica por coliformes fecais. A ría de Vigo é unha contorna muy alterada por aterramentos, piscicultura, cultivo de mexillón, zonas portuarias, asteleiros, zonas recreativas e unhas marxes con medio millón de habitantes, o que provoca que a ría sexa moi diferente de como era hai 100 años. Temos que conxugar o interese económico e humano co interese natural. É difícil de conxugar e o equilibrio é inestable porque non se da valor ó medio ambiente. A grande vantaxe da ría é que renova constantemente a totalidade da auga. A auga na que nos bañamos hoxe non é a mesma que a da semana seguinte. Se funciona adecuadamente a dinámica litoral os contaminantes van saíndo ao mar aberto e esa é unha defensa natural que temos pero non podemos abusar dela.

Definir se a ciencia en Galicia e España está ben ou mal requeriría unha resposta moi longa. A miña opinión é que non hai moito interese pola ciencia. Hai interese na divulgación, pero non interese político pola ciencia. Debemos pensar que a ciencia en Galicia é coñecemento do medio, se non se coñece a contorna non podes tomar as decisións correctas cando pasa unha catástrofe coma a do Prestige ou cando queres xestionar ben os recursos.