No event in the calendar
December 2017
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

O MEDIO AMBIENTE

 "O MEDIO AMBIENTE COMO “DEREITOS HUMANOS”, ASINATURA PENDENTE

A constante evolución da humanidade, o aprobeitamento e modificación dos recursos naturais, van mudando as formas de vida e mesmo os ecosistemas, basicacamente pola codicia dos poderes económicos, coa complicidade dos estados, que nos dirixen ao puro consumismo.

 

 

A traves de campañas mediaticas ou falseamento de datos relebantes, presentanse os danos que se inxectan nos ecosistemas e tamén no cambio climático como algo necesario e inócuo, cuio obxectivo final é atrofiar as vontades cidadáns, que unha gran parte da sociedade crea nesas vondades e mesmo fan moi dificil o traballo de concienciación dos movemento sociais e medio ambientais.

No século XVIII, na: “La Asamblea Nacional Constituyente de los Estados Generales (clero 291 representantes, nobreza 250 representantes e terceiro estado o burguesía 577 representantes), reunida ao toque do rey Luís XVI, (1.118 diputados) naceu “La Declaración de los Derechos del Hombre y el Ciudadano de 1789”, a primeira xeración dos dereitos humanos con carácter de universalidade.

A segunda xeración dos dereitos humanos poderíamos dicir que nace coa Declaración Universal de Dereitos Humanos de 1948 e inclúe dentro dos dereitos humanos o dereito á saúde, ó benestar, a unha vida digna ou á alimentación, entre outros.

Na medida en que a sociedade e os estados evolucionan, son mais as necesidades dunha maior protección dos dereitos humanos, polo tanto amplíase e posibilita a reivindicación da dignidade humana.

A Declaración das Nacións Unidas sobre o Medio Ambiente Humano suscrita en Estocolmo en 1972, xa establece un dereito do home a: “condicións de vida satisfactoria en un ambiente no que a calidade lle permita vivir con dignidade e benestar”. Ou do “deber solemne de protexer e mellorar o medio ambiente para as xeracións presentes e futuras”. Existen outras declacións e, ou, resolucións nesa mesma dirección (reunión mundial de Asociaciones de Derecho Ambiental, Limoges 1990; Declaración Conferencia Nacións Unidas Rio de Janeiro 1992; Cumbre de Johanesburgo de 2002).

Con tanta declaración, recomendación e lexislado, non é doado dixerir a sentenza sobre a catástrofe do Prestige sen que se declaren responsables directos. ¿Acaso non teñen responsabilidades os que utilizan unha bomba flotante, que son as empresas armadoras, aseguradoras, as que revisan a seguranza de navegación, etc?. ¿Acaso non teñen responsabilidades os que xestionaron o accidente, como goberno do estado español, capitán marítimo, ministro do ramo, capitan do barco, etc?.

Tampouco é doado ver como se contamina a nosa contorna natural con verteduras constantes de augas fecais e industriais (sen depuración previa) ás rías e ríos do noso territorio, coa pasividade e ou compliciadade de Concellos, Comunidades Autónomas, Estado Español e incluso a Unión Europea.

O dereito a unha utilización da natureza e a un bo estado medio ambiental, forma parte da calidade de vida dos seres humanos e dos dereitos dos cidadáns, tanto a titulo individual como colectivo, pero tamén forma parte a obriga do coidado, preservación e defensa permanente que debe ser por sempre a nosa guía e norte do noso comportamento como seres humanos, entregandolle ás futuras xeracións unha natureza igual ou mellorada a rerspeito da que nos deixarón os nos devanceiros.

E preciso seguir traballando e denunciando as malas prácticas medio ambientais. Conseguir que o medio ambiente sexa recoñecido e respectado como dereito humano efectivo. Non podemos aceptar sentenzas coma a do Prestige, nin actuacións irresponsables de verteduras de auga contaminadas as rías o contorna natural, de facelo estaríamos aceitando a sentenza de morte como sociedade.

Novembro 2013