No event in the calendar
December 2017
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Limpeza fondo da ría, concienciación cidadá e medio ambiental

LIMPEZA DE FONDOS MARIÑOS, CONCIENCIACIÓN CIDADÁ E MEDIO AMBIENTAL

 Unha das actividades da Plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo “CÍES”, é fomentar a recuperación e preservación dos fondos mariños da Ría, así como a súa contorna. Neste sentido ao longo do presente ano 2012, levamos a cabo actividades, en colaboración co Clube Galerna de actividades subacuáticas a limpeza de fondos do porto de Cangas, que tivo lugar o día 6 de maio do ano en curso.

 

Ver galería completa

 Tamén foron realizadas outras duas xornadas de limpeza de fondos en colaboración co Grupo de Acción Costeira nº 7

vigo a Guarda “GAC7”, A CEMMA. e concellos, nos portos de A Guarda E Meira - Moaña. En a Guarda tivo lugar o día 30 de maio e en Meira o día 16 de xuño.

Estas actividades realizase coa firme vontade de acadar un obxetivo principal como é a propia limpeza e recuperación dos fondos, pero tamén para acádar outros obxetivos intermedios, que dende logo dan un valor engadido a este tipo de eventos, como son:

Implicar en actividades de tipo medioambiental aos asociados, colaboradores e simpatizantes destes movementos, aumentando desta maneira a participación neste tipo de actividades e concienciación mediambiental nos entornos que os usuarios usan de cotío como poden ser os peiraos, pantaláns onde amarran as súas embarcacións, praias.

Tentar de implicar a outros actores sociais, empresariais e institucionais no propio evento, como son as asociacións medioambientais, as confrarías, institucións públicas como o concellos e portos de Galicia.

Concienciación do resto de usuarios do porto e poboación en xeral, que nos devanditos días 6 poideron observar como outros usuarios do mesmo espazo procuran telo nunhas condicións de uso e disfrute que non adoitan a percibir.

Foron ao redor das catorce toneladas de diversos materiais ferros, neumaticos, envarcacións, nasas, cabos, redes, etc. Un evidente beneficio de Imaxe para todo-los implicados e beneficios medioambientais obtidos despois dos eventos, mellorando as condicións dos entornos de desenrolo das distintas especies biolóxicas que teñen por habitat os portos.

Creemos que este tipo de actividades están perfectamente xustificadas e aportan un grao de area na longa viaxe, necesaria por outra parte, para a concienciación cidadán e a necesidade de que as administracións se impliquen realmente na recuperación e mantemento dos fondos mariños, fonte de traballo e riqueza, tan necesarios.