No event in the calendar
December 2017
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

CHARLA MEDIOAMBIENTAL BOUZAS

CONCLUSIÓNS DA CHARLA MEDIO AMBIENTAL CELEBRADA EN BOUZAS O 19/10/2013:

 

Temática tratada: Evolución da ría de Vigo ao longo da historia; Portas a contaminación na ría de Vigo; Explotación sustentable dos recursos naturais do mar e da costa.

 

 

D. Serxio Regueira Gómez, presidente da Plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo “CÍES”, fixo unha exposición fotográfica sobre o gran cambio que ao longo da historia, especialmente nos últimos 60 anos, se ten producido na liña costeira da Ría de Vigo, apreciables simplemente observando as fotografías dos anos 1900, 1956 e 2013 da zona de Bouzas. Foi só un exemplo do que se pode apreciar en calquera lugar da ría, que en conclusión supoñen unha importante influencia no medio marítimo como consecuencia dos millóns de m3 de terra, pedra e materiais contaminantes que foron vertidos na lámina de auga de forma indiscriminada e sen seren adoptadas as medidas de seguirdade pertinentes para a realización de ditas obras, claramente intencionados, con fins perversos e especulativos.

D. Ricardo Prego Reboredo, investigador do CSIC “IIM Vigo”, na súa disertación fixo unha comparanza entre unha grande vertedura contaminante como a do Prestige e as pequenas e constantes verteduras que se producen na ría de Vigo. Na súa conclusión demostrou a gravidade das pequenas e constantes verteduras ás que ninguén presta atención e por tanto mais contaminantes que unha grande tragedia ecolóxica na que se empreñan todo tipo de esforzos por erradicala de inmediato. Por isto fixo un chamado á permanente vixiancia e control de calquera pequena vertedura, sumidoiros, residuos industriais, paradas de EDARS, limpeza e pintado de embarcacións en asteleiros e peiraos sen sistema de tratamento dos residuos, xa que son acumulativos e co paso volvense mais perigosos que un grande puntual.

Este foro tivo o pribilexio de contar ademais coa participación do profesor Stephen Olsen, un experto mundial en xestión costeira con mais de 40 anos de experiencia, colaborando e dirixindo “Programas de Manexo de Recursos Costeiros” da “U.S. Agency for International Development”, proxectos en America Latina, Africa Oriental e Suroeste Asiático, traballos co Banco Mundial, Banco Interamericano de Desenvolvemento, Programa de Desenvolvemento das Nacións Unidas sobre xestión costeira, membro da “Comisión Internacional de Capacitación para a protección e Uso sostible dos Océanos e as Costas” e do Comite Directivo de Ciencia do “Programa Interacción Terra Océano nas Zonas Costeiras” (LOICZ) pertencente ao Programa Internacional Geosfera-Biosfera encargado pola National Academy of Science de USA para dirixir o seu Comité sobre capacitación para o goberno das costas e océanos, ….entre outras experiencias, puxo de manifesto a necesidade da elaboración dun Plan Estratéxico sobre a explotación sustentable dos recurso mariños – costeiros, un documento que incluso debería ser tramitado con rango de Lei de obrigado cumprimento.

Pola súa experiencia de ter desenvolvido unha metodoloxía para promover a gobernanza de zonas costeiras e os ecosistemas mariños, explicou que a súa aplicación require poñer en marcha un “proceso de cambio” baseado na sustentabilidade ambiental, económica e social xa que ten en conta as peculiaridades de cada ambito xeográfico e que valora principalmente a participación dos actores sociais. Puxo de manifesto as coincidencias dos problemas de degradación da costa, á marxe de país ou continente, pois os problemas sempre son ocasionados pola privatización progresiva dos recursos públicos, ou o que é o mesmo, sometemento ao poder económico - especulativo dos recursos naturais. Tamén dixo que é preciso controlar calquera cultivo intensivo, incluso en terra, porque os monocultivos intensivos mariños, agrícolas ou gandeiros son altamente perigosos para o medio se non son adoptadas as medidas de control e correctoras adecuadas.

Para concluir aportou ideas de como mudar tendencias na política medioambiental:

Demandar a creación dunha Cosellería ou Ministerio de MEDIOAMBIENTE totalmente independente, separada de Urbanismo, Industria, Obras Públicas, etc...posto que os intereses economicistas que defenden e priorizan estas últimas son opostos aos valores ambientais e sociais aparellados á conservación do medio.

A través da unificación de criterios na aplicación das medidas de protección medioambiental en todo o territorio do país ou Continente.

Utilizando os recursos técnico - científicos dentro dunha Comisión, (técnico – social – admistracións públicas), específica de valoración e informe vinculante sobre os distintos proxectos no litoral ou no mar. Coa participación da sociedade civil na toma de decisións nomeando representantes nos ámbitos que corresponda.

A través da unidade de acción coa participación da sociedade, para incidir nas accións dos gobernos e invertir a tendencia de degradación do medio; Para deter o cambio climático que, de seguir, terá unhas consecuencias catastróficas, cunha posible subida do nivel do mar de ata 3 metros, concluiu Stephen Olsen.