No event in the calendar
December 2017
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

RESUMO COFERENCIA COLOQUIO EN ARCADE

CONFERENCIA - COLOQUIO, A RÍA DE VIGO, EVOLUCIÓN E XESTIÓN SOSTIBLE, ARCADE 21 DE XUÑO DE 2.013

 

 

Nesta ocasión, a conferencia coloquio que tamén virou arredor do libro A RÍA DE VIGO, Impacto da actividade humana, xestión sostible e conservación ambiental”, foi presentada por D. Antonio Freijanes, presidente da Asociación de Naseiros Alvedosa de Arcade e interviñeron como relatores D. Serxio Regueira Gómez (presidente da PDRVIGO) e D. Gonzálo Méndez Martínez, (Grupo de Avaliación Ambiental Estratéxica, Departamento de Xeociencias Mariñas e Ordenación do Territorio, Universidade de Vigo).

Serxio Regueira na súa intervención tratou sobre os contidos e obxectivos do libro, destacando que a súa publicación só pretende achegar á cidadanía os estudos científicos existentes sobre o estado da ría. Tamén sobre a grande cantidade de sedimentos que se depositan na ría, principalmente en San Simón, por causa da intervención humana: terras arrastadas como consecuencia dos lumes no monte, das obras de grande envergadura como infraestructuras públicas, (autoestradas, AVE, aterramentos…), que supoñen unha acumulación acelerada no tempo de fangos (ata 20 metros nalgunhas zonas) que se deberían ter evitado cumprindo as medidas de prevención obrigatorias.

D. Gonzalo Méndez Martínez, tratou sobre a necesidade de poñer orde no litoral xa que existe unha gran complexidade de competencias entre usos na faixa costeira e na propia ría. Tamén sobre o progresivo deterioro do litoral da ría durante os últimos cento trinta anos e sobre a necesidade de que a cidadanía en xeral, e os axentes sociais en particular, participen nos procesos de planificación e ordenación territorial e urbanística. A súa disertación foi complementada coa proxección dun conxunto de imaxes e mapas nos que se podía apreciar a transformación da ría por causa da intervención humana e nos que había exemplos moi elocuentes na propia enseada de San Simón e arredores de Arcade.