No event in the calendar
December 2017
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

RESUMO CHARLA COLOQUIO EN GONDOMAR

CHARLAS COLOQUIO GONDOMAR, 14 DE XUÑO DE 2013

 

Na charla coloquio de Gondomar presentada por D. Xosé Ramón García, do IEM, interviron: Dna. Mª. Xosé Vázquez Rodríguez do departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo e D. Serxio Regueira presidente da Plataforma pola Defensa da Ría de Vigo CIES.

 

 

 

Mª Xosé, na súa intervención, salientou a necesidade de instaurar en todos os proxectos de viabilidade e avaliación ambiental de instalación de calquera actividade, a obriga dun informe exaustivo de valorización económica da contorna litoral como “recurso público”. Tamén puxo de manifesto a súa preocupación porque as administracións encargan ás universidades e centros cientificos a elaboración de estudos que logo non son tidos en conta nas políticas de sostenibilidade e dan prevalencia aos intereses privados sobre o interese público.

 

Serxio Regueira disertou sobre a necesidade de melloras no saneamento da ría de Vigo, sobre as deficiencias actuais e sobre os resultados da recente visita a Vigo dunha Delegación Oficial Da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo. Os resultados finais do informe da Delegación Oficial está previsto que se coñezan no prazo dun mes, anque xa nos debates que se fixeron cando se presentou o borrador, este supuxo un bo tirón de orellas aos gobernos do Reino de España e autonómico de Galicia por non teren cumprido os compromisos sobre a aplicación e cumprimento da Directiva Marco da Auga. Tamén falou Serxio sobre a necesidade de que a Xunta e Concellos sexan mais belixerantes, cumpran e fagan cumprir as normativas e contratos de xestión dos servizos de saneamento e depuración, e que os cidadáns de xeito individual temos que seguir esixindo a posta en práctica das actuacións e obras necesarias que resolvan a contaminación da ría da que depende a producción e calidade dos productos extraídos así como a calidade ambiental e de propia vida dos cidadáns.