18 Xullo, 2015

A saúde medioambiental da Ría

A boa saúde da ría supón para os distintos sectores de explotación, a xeración de riqueza, postos de traballo e calidade de vida. Os sectores mais sensibles ante os continuos vertidos contaminados son: A pesca en todas as súas variantes, marisqueo, acuicultura…, que son xeradores de millares de postos de traballo tanto directos como indirectos, (mercados, conserveiras, transporte, embarcacións, aparellos […]
13 Xullo, 2015

Metais pesados na contorna mariña da ría de Vigo

Os metais pesados coma o mercurio ou o cadmio son os principais contaminantes desta categoría, e afecta tanto á contorna, coma aos peixes e as persoas. Existes numerosos e contrastados estudos medioambientais, mesmo no noso libro, sobre os efectos dos metais pesados na ecoloxía do medio mariño, ditos contaminantes, aínda nunha pequena concentración teñen poderosos  efectos negativos sobre flora e […]
22 Febreiro, 2014

Contaminación medioambiental no Lagares

Unha vez máis, desde a Plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo “CÍES”, denunciamos novos vertidos de augas fecais sin depurar á ría na cidade de Vigo. É vergoñento comprobar día a día como na contorna da EDAR de Vigo vertense ao Río Lagares as augas fecais sin depurar. É vergoñento que os responsables autonómicos Conselleiro de medio ambiente, presidente […]
2 Febreiro, 2014

Ataque ao medio ambiente

A PESARES DE SEREN NEGADOS POLA CONCELLEIRA DE MEDIO AMBIENTE NO PLENO DA CORPORACIÓN MUNICIPAL MOAÑA, SEGUEN OS VERTIDOS NA COSTA DO CONCELLO. A pesares dos argumentos e informes presentados no Pleno do concello do día 30 de xaneiro de 2.014, as verteduras sin depurar nos aliviadeiros procedentes da estacións de bombeo, que teñen a súa saída en diversa zonas […]
25 Xaneiro, 2014

Novos verquidos contaminados á Ría

NOVOS VERTIDOS CONTAMINADOS Á RÍA DE VIGO, INCOMPETENCIA DAS ADMINISTRACIÓNS E INCUMPRIMENTO REITERADO DA DIRECTIVA MARCO EUROPEA DA AUGA. A pesares de termos denunciado en diversas ocasións as verteduras directas de augas fecais á ría de Vigo, procedentes dos aliviedeiros, da rede de colectores de marxe de ría, no concello de Soutomaior. éstas séguense producindo a cotío sen o tratamento […]
16 Decembro, 2013

A Ría, en perigo

A PDRVIGO “CÍES”, DEMANDA UN INFORME REALISTA QUE POSIBILITE DAR SOLUCIÓNS AO SANEAMENTO DAS RÍAS GALEGAS. A P.D.R. DE VIGO “CIES” non dá crédito ó sucedido no Parlamento da U.E. nos últimos sete meses en que os europarlamentarios do Partido Popular fixeron todo o posible por impedir a redacción dun informe que reflicta exactamente o que acontece co saneamento integral […]
4 Decembro, 2013

Saneamento na ría de Vigo

REPLICA DA PLATAFORMA POLA DEFENSA DA RÍA DE VIGO “CIES”, AO PROXECTO FINAL DO DOCUMENTO DE TRABALLO SOBRE A MISIÓN DE INVESTIGACIÓN A ESPAÑA, DO 11 AO 13 DE FEBREIRO DE 2013, EN RELACIÓN Á CONTAMINACIÓN DAS AUGAS NAS RÍAS GALEGAS. Sobre conclusions e recomendacions A Plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo Cíes comparte que a misión centróuse nos […]
23 Maio, 2013

Muíños de vento e minaría

PARQUES EÓLICOS E MINARÍA NA RÍA DE VIGO A Plataforma pola Defensa da Ría da Vigo Cíes ten un concepto do ecosistema da ría de Vigo mais amplo que os límites propios da bacía tectónica que a conforma. Consideramos que os montes, vales e ríos que a circundan son tamén parte deste delicado ecosistema, e consideramos imprescindible unha preservación da […]
4 Abril, 2013

Contaminación, denuncia pública

A IRRESPONSABILIDADE DAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS. A Plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo “CÍES” facemos denuncia pública das verteduras directas á ría de Vigo de augas fecais procedentes da rede de saneamento, sen tratamento de depuración, que acontecen ultimamente procedentes dos aliviedeiros, rede de colectores de marxe de ría, concellos de Moaña, Vigo, Souto maior. Estes acontecementos, incomprensibles a día […]
24 Novembro, 2012

Porto deportivo en Canido, novo atentado á Ría

O CLUB MARÍTIMO DE CANIDO VOLTOU A PRSENTAR SOLICITUDE DE CONSTRUCCIÓN DUN PORTO DEPORTIVO A PESARES DE SER REXEITADO EN 2005 POR AGREDIR AO MEDIO AMBIENTE. O proxecto presentado en 2012 apenas difire do presentado en 2005, é decir, trátase de facer unha faralloeira de abrigo e unha dársena cun novo espigón en prolongación do existente a base de recheos […]