Plataforma pola
Defensa da Ría de Vigo
Quen somos

A Plataforma pola Defensa da Ría de Vigo 'Cíes' nace nos anos 90 cun obxectivo claro: paralizar o proxecto Petrovigo, que pretendía instalar no recheo de Bouzas un gran depósito de combustible para logo abastecer os barcos de tránsito.

Na súa constitución participaron uns 60 colectivos de todo tipo e, dende entón levamos loitando para acadar un saneamento integral na ría, defender o medio ambiente, potenciar unha maior produtividade natural e mellorar a calidade de vida da cidadanía.


Ler máis


Esta é a nosa historia


Ler máis


Obxectivos

Traballo constante
para protexer a ría


Galería

O noso traballo
en imaxes


Actividades

Charlas, saídas
e publicacións


Directiva

Así está composta
a Plataforma


Novas

Todas as novidades relacionadas coa defensa da ría de Vigo

3 Agosto, 2018

A xestión sostible da auga e a súa influencia na ría de Vigo

A boa calidade da auga é imprescindible para a vida pero os seres humanos non somos os únicos beneficiarios. Detrás dun xesto tan sinxelo e cotián coma abrir a billa para lavarnos temos todo un proceso, complexo, dun elevado custe, grazas ó cal podemos subministrarnos durante os 365 días do ano, pero ollo! A auga é un ben fráxil e […]
23 Xuño, 2018

A Plataforma denuncia que os verquidos continúan na ría a pesar da nova depuradora

A Plataforma pola Defensa da Ría de Vigo, ‘Cíes’, enviou ao Concello de Vigo mediante rexistro municipal un escrito no que se denuncia que continúan os verquidos contaminantes á ría procedentes da rede de saneamento a pesar de estar xa a funcionar a nova depuradora do Lagares. Tras un investimento millonario, a plataforma recalca que segue sen facerse unha depuración […]
27 Xaneiro, 2018

Un uso e tratamento sustentable da auga, cousa de todos

Porque un uso e tratamento das augas e cousa de todos?. Nos últimos anos e de forma continuada vénse mostrando unha constante merma dos recursos hidrolóxicos por mor do cambio de clima global sen que a cidadanía obteña resposta en forma de acción ou previsión por parte das distintas administracións, estando pois imposibilitada de colaborar no uso e consumo ecolóxico, […]
4 Decembro, 2017

Ría de Vigo: espazo libre de contaminación

COMO DEFENDER UNHA RÍA LIMPA As verteduras directas á ría de Vigo, de augas fecais sen o tratamento de depuración preceptivo, con saida nos aliviadoiros da rede de colectores de marxe de ría e mesmo das EDARS, séguense producindo acotío. Estes acontecementos, cáusannos fonda preocupación así como desconcerto ao comprobar que as administracións públicas, Concellos e Xunta de Galicia, non […]